San Lourenzo de Nocelo da Pena é unha parroquia pertencente ao concello de Sarreaus. En 2017 tiña 172 habitantes, 10 menos ca en 2013 (90 homes e 92 mulleres) e 45 menos ca en 2007 (104 homes e 113 mulleres).

Patrimonio Na paraxe do Roupeiro atopouse un conxunto de pezas da Idade de Bronce.

Na antiga ermida de San Pedro atopouse unha lápida honorífica romana dedicada ao emperador Adriano, datada no ano 132. procedente da antiga ermida de San Pedro. Trátase dunha placa de granito con inscrición latina en capital cadrada parcialmente conservada, atribuída á civitas Limicorum. A peza foi reutilizada no século XIX como parte do pedestal dun cruceiro no adro da igrexa parroquial, tras o seu traslado en 1835 polo abade Antonio Bugallal, e desde 1897 consérvase no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A igrexa parroquial é de estilo románico, dedicada a San Lourenzo.

Festas As festas son o 10 de agosto.

Lugares e parroquias Lugares de Nocelo da Pena

Parroquias de Sarreaus

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sarreaus

Categoría:Parroquias de Sarreaus Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo