O parque nacional dos Lagos de Plitvice é o máis famoso dos parques nacionais croatas.

Localización e características Está situado na rexión de Lika, a 44.85° N 15.62° cerca da fronteira con Bosnia Herzegovina unha paraxe onde se alternan lagos, cascadas e mananciais. Esta rexión foi declarada Parque Nacional no ano 1949, e catalogada no Patrimonio da Humanidade UNESCO no 1970, cunha ampliación no 2000.

O Parque ten unha superficie próxima ás 30.000 hectáreas, 22.000 delas cubertas de bosques. A zona aberta ao público atópase no centro do parque, son 8 km² de val poboado de bosques, onde a hidrografía conformou unha paisaxe formada por 16 lagos de diferentes alturas comunicados entre eles por cascadas e cataratas. A vexetación está composta por faias nun 90%.

A visita realízase a pé a través de sendeiros e pontes de madeira, os lagos máis grandes son percorridos por barcas. É tamén moi usual entre os turistas a celebración de vodas no pé das cataratas.

Xeoloxía As augas, atravesando as rochas dolomíticas, disolven a rocha calcaria que é depositada formando barreiras que separan os diferentes lagos, construíndo covas e cavernas, e formando saltos de auga.

Os lagos son alimentados polo río Negro (Crna Rijeka) e o río Branco (Bijela rijeka), e subdivídense en lagos superiores e lagos inferiores.

Lagos superiores miniatura|Un dos lagos pequenos do parque Os principais lagos superiores son:

Kozjak (81,5 ha) Prošćansko (68 ha) Galovac (12,5 ha) radinsko (8,1 ha) Ciginovac (7,5 ha) Okrugljak veliko (4,1 ha) Veliki Jovinovac - Veliko Jezero (2 ha) Mali Jovinovac - Malo Jezero (2 hа) Batinovac (1,5 ha) Veliki Burget (0,6 hа) Vir (0,6 ha) Milino jezero

Lagos inferiores Os principais lagos inferiores son:

Milanovac (3,2 ha) Kaluđerovac (2,1) Gavanovac (0,7 hа) Novakovića-brod (0,4 ha)

Flora e fauna O parque nacional é moi boscoso, principalmente cuberto por faias, abetos e piñeiros. A vexetación mestura a habitual das montañas dos Alpes con aquela máis propia do clima mediterráneo. A área conta cunha enorme variedade de especies animais. A máis salientábel é o oso pardo, o lobo, o lince boreal ou a pita do monte. Téñense citado ata 126 especies de aves, das cales 70 crían no parque.

Véxase tamén

Outros artigos Parque nacional

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Croacia Lagos de Plitvice Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1979