Willard Carroll Smith II, coñecido como Will Smith, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 25 de setembro de 1968, é un rapeiro e actor de cinema e televisión estadounidense.

Traxectoria miniatura|dereita|Will Smiith. Will Smith naceu e creceu no oeste de Filadelfia, fillo de Caroline Bright, unha administradora escolar quen traballou para o colexio infantil de Filadelfia, e Willard Christopher Smith, un mecánico de neveiras e refrixeradores. Os seus pais divorciáronse cando el tiña uns 13 anos. É o segundo de catro irmáns.

Smith iniciou a súa carreira rapeando no dúo de pop-rap DJ Jazzy Jeff & the Fresh Prince, creando temas humorísticos aptos para a radio comercial, como "Parents Just Don't Understand". Trasladaron o mesmo espírito humorístico aos seus vídeo-clips, nos que Smith, O príncipe do Rap, mostrou o seu carisma e vis cómica. En 1990 a cadea de televisión NBC contratouno e montou unha comedia de situación en torno a el, The Fresh Prince of Bel-Air (O príncipe de Bel-Air, en galego). Nela, interpreta a un personaxe chamado tamén Will Smith, e tamén interesado no rap. O seu compañeiro Jazzy Jeff, tivo aparicións menores en moitos dos episodios, co personaxe de Jazz. Outras figuras coñecidas participaron como invitados especiais, entre eles artistas de hip hop como Heavy D and the Boyz e Queen Latifah (que interpretou a dous personaxes diferentes).

Smith comezou unha exitosa carreira no cinema de Hollywood co filme policial Bad Boys (1995), cuxa rodaxe puido compaxinar co de televisión. Cando a serie The Fresh Prince of Bel-Air rematou en 1996, Smith empezou a súa carreira musical como solista e seguiu en películas, interpretando ademais temas musicais para varias delas.

Pouco despois protagonizou películas destacables como Independence Day (1996), Men in Black e Homes de negro II (1997 e 2002, respectivamente), Ali (2001), pola que foi candidato ao Oscar ao mellor actor, I, Robot (2004), Hitch en 2005 , The Pursuit of Happyness e en 2006 e I Am Legend en 2007.

En 1992 casou coa actriz Sharee Zampino, coa que tivo un fillo, Willard Christopher III, tamén chamado Trey Smith. Divorciáronse en 1995. En 1997 casou coa actriz Jada Pinkett Smith, coa que tivo dous fillos: Jaden Smith (1998) e Willow Smith (2000).

Posúe xunto co seu irmán Harry a empresa Treyball Development Inc., chamada así en honor ao seu primeiro fillo "Trey".

O 2 de xullo de 2005, Smith exerceu de presentador do concerto Live 8 na súa Filadelfia natal, no que ademais rapeou xunto a Jazzy Jeff. Tamén produciu [of Us], un programa baseado libremente na súa vida persoal, cancelado en maio de 2007.

Tanto el como a súa esposa son amigos próximos de Tom Cruise e a súa esposa Katie Holmes, xerando rumores de que pertence á igrexa da Ciencioloxía. Aínda que el non o negou, declarou que considera revolucionarias algunhas das ideas desta relixión.

Filmografía Ano Filme Papel Notas 1990 Saturday Morning Videos Convidado TV ABC Afterschool Special – "The Perfect Date" Hawker TV O príncipe de Bel-Air William "Will" Smith TV (1990–1996) 1992 Blossom Fresh Prince TV, Cameo, episodio 18 "I'm with the Band" Where the Day Takes You Manny 1993 Made in America Tea Cake Walters Six Degrees of Separation Paul 1995 Bad Boys Detective Mike Lowrey 1996 Independence Day Capitán Steven "Steve" Hiller, USMC MTV Movie Award ó mellor bico 1997 Men in Black Axente J/James Darrell Edwards MTV Movie Award á mellor liortaMTV Movie Award á mellor canción Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child Pinocchio Serie de televisión; Episodio 14 da Segunda Tempada 1998 Enemy of the State Robert Clayton Dean 1999 Torrance Rises Cameo Wild Wild West Capitán James "Jim" West 2000 Welcome to Hollywood El mesmo The Legend of Bagger Vance Bagger Vance 2001 Ali Muhammad Ali 2002 Homes de negro II Axente J/James Darrell Edwards Girlfriend by B2K El mesmo Vídeo musical 2003 Bad Boys II Detective Mike Lowrey All of Us Johnny TV, 3 episodios (2003–2004); Creador/Produtor executivo 2004 A Closer Walk Narrador Documental Jersey Girl El mesmo Cameo American Chopper El mesmo TV, Cameo I, Robot Detective Del Spooner Produtor The Seat Filler Produtor executivo; Filme independente Shark Tale Oscar Voz 2005 There's a God on the Mic Documental Hitch Alex "Hitch" Hitchens Produtor 2006 The Pursuit of Happyness Chris Gardner Produtor 2007 I Am Legend Dr. Robert Neville Produtor 2008 Hancock John Hancock Produtor Lakeview Terrace Produtor The Secret Life of Bees Produtor Seven Pounds wowowowow Produtor 2010 The Karate Kid Produtor 2012 This Means War Produtor Men in Black 3 Axente J/James Darrell Edwards 2013 After Earth | Cypher Raige | Tamén guionista e produtor |- | 2013 | Anchorman 2: The Legend Continues| ESPN anchor | Cameo |- | 2014 | Winter's Tale| Xuíz

| 2014 | Focus'' Nicky Spurgeon

Galardóns Oscars Ano Categoría Filme Resultado2007Óscar ao mellor actorThe Pursuit of HappynessCandidato2001Óscar ao mellor actorAliCandidato

Globos de Ouro Ano Categoría Película Resultado2001Globo de Ouro ao mellor actor - DramaAliElixido1993Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comediaO príncipe de Bel-AirNomeado1992Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comediaO príncipe de Bel-AirNomeado

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas willsmith.net Sitio web oficial de Will Smith Frases de Will Smith

Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Pensilvania Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1968 Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Óscar ó mellor actor