Euskal Telebista (ETB, en galego: Televisión Vasca) é o ente televisivo autonómico do País Vasco, que forma parte de Euskal Irrati Telebista (Radio Televisión Vasca), consorcio dependente do Goberno Vasco. Ten a figura xurídica de Sociedade Anónima.
Canles ETB 1, integramente en éuscaro. ETB 2 en castelán. Canal Vasco, que se emite vía satélite para América, nalgúns países logo distribúese por cable. ETB Sat para o resto de España e Europa, vía satélite. ETB 3 ETB 4, que substituíu o ETBK Sat. ETB HD, en alta definición. ETB 1 HD ETB 2 HD
Sede Consta dun centro de emisión e produción de informativos situado na sede do Grupo EITB en Bilbao e dun centro de produción de programas en Donostia. Mantén corresponsalías en Vitoria, Baiona, Pamplona, Barcelona, Madrid, París, Londres, Berlín, Nova York, Xerusalén, Bruxelas e Pequín.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de EITB