O Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza Juan Lembeye, é un xardín botánico duns 50.000 m² de extensión, pertencente ó concello de Culleredo.
Localización Atópase no paseo marítimo do Burgo en Culleredo, á beira da ría do Burgo, na provincia da Coruña.
Coleccións No Xardín Botánico atópanse unha gran variedade de especies autóctonas e tamén se recrea un xardín ó estilo dos pazos galegos. Noutras parcelas proxectáronse pequenos xardíns tradicionais de distintas partes do mundo. Dispón tamén dun invernadoiro, un pequeno parque infantil e unha pequena lagoa que se enche coa subida da marea xa que está conectada á ría.
No seu interior está a Aula da Natureza que é utilizada para diferentes actividades como exposicións, concertos, diferentes cursos de temática medioambiental etc.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Xardín botánico na web do concello de Culleredo
Categoría:Xardíns de Galicia Categoría:Xardíns botánicos Categoría:Culleredo