O neno de barro (en ) é unha longametraxe dirixida por Jorge Algora, estreada en 2007. É unha coprodución galega na que Maribel Verdú e o galego Chete Lera interpretan os papeis principais.

Argumento A acción desenvólvese en Buenos Aires en 1912. Unha serie de brutais asasinatos a menores propágase pola cidade. Mateo (Juan Ciancio), un neno de 10 anos, agacha un segredo: ás veces a súa mente condúceo a un escuro lugar da memoria onde é testemuña dos asasinatos. Ó descubrirse o seu segredo moitos cren que é o asasino.

Estela, a súa nai (Maribel Verdú), coa axuda do forense e da policía, o Dr. Soria (Chete Lera), tratan de atopar unha explicación racional das visións e así minar o escepticismo do Comisario Petrie (Daniel Freire).

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Persoa/s Resultado2007Mellor longametraxeGañadoraMellor direcciónJorge AlgoraGañadorMellor interpretación masculina protagonistaJuan CiancioNomeadoDaniel FreireNomeadoChete LeraGañadorMellor interpretación a protagonistaMaribel VerdúNomeadaMellor interpretación masculina secundariaAbel AyalaNomeadoMellor guiónJorge Algora, Christian Busquier e Héctor CarréGañadoresMellor montaxeRita RomeroNomeadaMellor sonPerfecto de San José Prieto e Alberto SuárezNomeadosMellor dirección artísticaMariela RípodasGañadoraMellor dirección de produciónEduard Vallés e Juan LoveceNomeadosMellor dirección de fotografíaSuso BelloGañadorMellor maquillaxe e peiteadoBeata WojtowiczGañadoraMellor deseño de vestiarioCecilia MontiGañadoraMellor música orixinalNani GarcíaGañador

Outros datos A película está baseada nos asasinatos de Cayetano Santos Godino, mellor coñecido coma El Petiso Orejudo. Foi o primeiro asasino en serie na historia arxentina. Foi seleccionada na categoría novos realizadores nos festivais de cine de Montréal e Santo Domingo, entre outros. No XIX Festival Internacional Viña del Mar o filme foi seleccionado para a súa sección oficial, e gañou o premio da prensa especializada á mellor longametraxe internacional.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial IMDb AVG

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por Jorge Algora Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego