Ramón Campos Sáez, nado en Noia en 1975, é un guionista e produtor audiovisual galego.
Traxectoria Estudante de Comunicación audiovisual na Universidade de Navarra, iniciouse profesionalmente en teleseries da canle autonómica vasca ETB. Foi analista de guións para Continental Producciones. Despois de Galicia Exprés e Entre bateas colaborou durante tres anos con Filmanova (2000-2002).
Compaxinou o seu labor na escritura coa impartición de cursos de guión nos masters de produción audiovisual e de creación dixital da Universidade da Coruña. Coguionizou o telefilme Diario dun skin e no período 2004-07 dirixiu o departamento de desenvolvemento de Voz Audiovisual, onde creou series como A vida por diante e Padre Casares, e programas musicais como Son de estrelas e Buscando estrelas.
En 2007 é o produtor executivo da serie de TVE Desaparecida, e posteriormente funda xunto a Teresa Fernández Valdés a empresa Bambú Producciones. Na dirección desta compañía produce as series Guante Blanco e Gran Reserva tamén da TVE, Hispania para Antena 3 e os documentais Fraga y Fidel sin embargo, e American Greyhounds.
É tamén profesor na Universidade da Coruña.
Notas
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra