miniatura|220px|Horus no seu templo de Edfu Horus "o elevado", deus celeste e deus curador na mitoloxía exipcia. Consideróuselle iniciador da civilización exipcia.
Nome exipcio: Hor. Nome grego: Horos. Deidade grega: Apolo Febo. Nome latino: Horus.
Iconografía É representado como falcón, ou home con cabeza de falcón, coa coroa Dobre. Tamén como un Sol con ás de falcón sobre portas e nas salas dos templos; e con forma leonina como Harmajis. O símbolo xeroglífico do falcón sobre unha percha empregouse desde épocas predinásticas para representar a idea de deus.
Historia Horus é un deus moi antigo, xa coñecido na época predinástica. Era un deus vinculado á realeza que tutelaba aos monarcas tinitas, cuxo centro de culto era Hieracómpolis. Dende o Imperio Antigo, o rei é a manifestación de Horus na terra, aínda que ao morrer converterase nun Osiris, e formará parte do deus creador Ra. Durante o Imperio Novo asocióuselle ao deus Ra, como Ra-Horajti.
Mitoloxía Horus, fillo de Osiris, ao chegar á maioría de idade, axudado polos Shemsu Hor loitou contra Seth para recuperar o trono do seu pai, asasinado por Seth. Seth quedou como o deus do Alto Exipto e Horus do Baixo Exipto. Posteriormente Horus foi deus de todo Exipto, mentres que Seth era deus do deserto e dos pobos estranxeiros. Representa a loita entre a fertilidade do val do Nilo (Osiris) e a aridez do deserto (Seth).
Máis adiante deixou o goberno aos reis míticos, denominados Shemsu Hor, segundo a tradición.
Como deus solar, Horus defende a barca de Ra, coa axuda de Seth, contra a gran serpe Apofis. Ademais é o protector de Osiris no inframundo exipcio, ou Duat. Durante o xuízo de Osiris, segundo o Libro dos Mortos, é o mediador entre o morto e Osiris.
Sincretismo O seu culto adaptouse ao mito de Osiris nun intento de sincretismo relixioso, sendo moitos os deuses que se encarnaron e fusionaron con Horus en diversas localidades exipcias.
Horus aparecía en moitas formas, sendo representado como:
Símbolo solar: Harmajis, Hor em ajet "Horus no horizonte", Sol nacente asociado con Jepri. Hor jenti jet, Sol da mañá. Haractes, Horajti "Horus do horizonte", fusionado con Ra. Hor Iabti, "Horus de oriente", semellante a Haractes.
Horus neno: Harsiese, Heru sa Ast, novo, o fillo de Isis e Osiris. Harsomtus, Hor Samtauy, renacido de Hator, como fillo de Hator e Horus en Edfú. Harpa, Har pa Ra, deus solar de Coptos. Ihy, asimilado a Harsomtus e Harpócrates. Panebtauy, como fillo de Haroeris. Harpócrates, Hor pa jard, que asimilou a Harsiese e Harsomtus. miniatura|150px|Imaxe de Horus neno. Período tardío Horus maior: Haroeris, Her Ur, "Horus o vello", irmán de Osiris e Seth. Supremo deus do Alto Exipto. Os seus diversos aspectos eran: Horus Behedety, Hor Behutet, venerado en Edfu. Horjenti-Irti, Hor ur jent ar ti, o "Señor dos seus ollos". Hor Semsu, fillo de Nut, ou de Osiris e Isis. Hor Marti. Harendotes, Hor Nedy Her Atef, "o vingador do seu pai". Hartomes, Hor tema a, outra forma de Harendotes. Hor nejeny, venerado en Nejen. Horpanebtauy, "Horus, Señor das dúas Terras".
Tamén como: Hor duat, Horus da Duat, "Señor das estrelas circumpolares". Hor imy shenut, "O que está en Shenuet". Hor hery uadyef, o "Señor dos espíritos de Pe (Buto)". Horus Iunmutef, sacerdote nos ritos funerarios.
Ademais foi asociado a dous planetas, como: Hor up shet, Xúpiter. Hor p ka, Saturno.
Culto miniatura|300px|Templo de Horus en Edfu Coñecido desde a época predinástica, é probable que o seu culto tivese orixe no delta do Nilo aínda que foi venerado en todo Exipto con importantes templos en Edfu, Hieracómpolis e Letópolis. En Bubastis e Menfis, adorado como Hor Hekenu, identificado con Nefertum. En Buto e Mesén, como Hor neb mesen, similar a Hor Behedety. Nas zonas limítrofes con Libia, como Hor Tehenu. En Letópolis, como Hor menu.
O seu culto estendeuse polo Mediterráneo, como Harpócrates, vinculado á súa nai a deusa Isis.
Epítetos Tivo os títulos de "o afastado", "o elevado", o "Señor das estrelas circumpolares".
Nomes teóforos Desde a época predinástica incluíron o seu nome a maioría dos faraóns, formando parte do seu titulatura como nome de Horus e nome de Hor-Nub.
Véxase tamén Outros artigos Nome de Horus
Categoría:Deuses exipcios Categoría:Deidades dos leóns Categoría:Deuses do ceo e do clima Categoría:Deuses solares