Acontecementos Asia Comeza o reinado de Devabhuti, derradeiro râja do Imperio Sunga, na India (até -73).

Oriente Próximo Iníciase a Segunda Guerra Mitridática, ao emprender accións o xeneral romano Lucio Licinio Murena contra Mitrídates VI do Ponto. A guerra dura até -81.

Europa Batalla do Monte Tifata: Sila, acabado de chegar de Grecia, derrota as forzas populares que mandaba o cónsul Caio Norbano. Na Galia Narbonense iníciase unha revolta dos saluvios (salluvii), un pobo indíxena.

Nacementos 14 de xaneiro - Marco Antonio, político romano (m. -30).

Mortes

Outros

Historia ano a ano

83