Acontecementos Oriente Próximo 9 de xuño - Batalla de Carrhes: o exército parto aniquila o exército romano mandado por Craso. Este é asasinado días despois nunha entrevista co xeneral parto Surena.
Europa A morte de Craso obriga a romper o triunvirato, que formaba con Pompeio e Xulio César. Guerra das Galias: Xulio César vence os eburóns, nervios, tréviros, carnutos e senóns sublevados desde o ano anterior, mais non consegue capturar a Ambiorix, xefe eburón.
Nacementos Yang Xiong, filósofo e poeta chinés (m. 18).
Mortes Marco Licinio Craso, político e xeneral romano, asasinado (n. ca. -115).
Outros
Historia ano a ano
53