Gáldar é unha cidade e un municipio pertencente ás Illas Canarias, concretamente na provincia das Palmas (España). Está situado ao noroeste da illa de Gran Canaria, lindando con Agaete, Artenara e Santa María da Guía de Gran Canaria. As súas cordenadas son 28°5′N, 15°32′O e ten unha altitude media de 124 m. En Gáldar atópase un dos sitios arqueolóxicos máis represenativos dos que existen nas Canarias, a Cova Pintada, que exhibe unha valiosa mostra da arte realizada polos antigos indíxenas canarios. O actual alcalde é Teodoro Sosa Monzón, do Bloque Nacionalista Rural-NC.

Economía

A economía de Gáldar depende en gran parte dos cultivos de plátano que ocupan o seu territorio. Tamén cómpre engadir unha considerable actividade comercial. As praias de Sardina e Agujero son das mellores praias do municipio e coñecidas nas Illas Canarias.

Poboación miniatura|dereita|Faro Nova Sardiña en Gáldar miniatura|dereita|Praza de Santiago en Gáldar miniatura|dereita|Plataneiro en Gáldar A superficie de Gáldar é de 61,59 km² e ten unha poboación de 23.453 habitantes, repartidas en 24 entidades de poboación. A súa densidade é de 380,79 hab./km². As principais poboacións de Gáldar son:

Barranco Hondo de Arriba Barranco Hondo de Abajo Tablado Juncalillo Fagajesto Caideros de San José Saucillo Hoya de Pineda La Agazal Los Quintana Piso Firme San Isidro Nido Cuervo, Marmolejos Llano de Caleta y Sobradillo Barrial Sardina Becerril Caleta de Arriba Palma de Rojas Anzofé La Montaña Cañada Honda El Salón.

Véxase tamén

Outros artigos Gran Canaria

Categoría:Concellos de Gran Canaria