Cullera é un municipio da Comunidade Valenciana que se atopa na comarca da Ribera Baixa.

Xeografía 290px|miniatura|Praia de Cullera 290px|miniatura|Praia de Cullera

O municipio situado na ribeira do río Xúcar e xunto ao mar Mediterráneo, atópase a preto de 40 km da capital Valencia. Accédese a esta localidade dende a Cap i Casal tomando a V-31 e posteriormente a N-332 e despois de pasar Sueca virar á esquerda para seguir pola CV-5040.

Cullera, xunto cos termos municipais de Valencia, Alfafar, Sedaví, Catarroja, Massanassa, Albal, Beniparrell, Silla, Sollana, Sueca, Albalat de la Ribera e Algemesí, forma parte do Parque Natural da Albufeira. Nesta localidade desemboca o río Xúcar, irrigando o termo municipal de Cullera enteiro, mediante un sistema de regadío deseñado na época de dominación musulmá. O Xúcar tamén irriga practicamente toda a comarca da Ribera Baixa. Á parte do río Xucar, tamén existe a lagoa de L'Estany, situada na parte sur do termo municipal con desembocadura no mar, este é un lugar de pesca habitual.

Ao norte e nun recuncho da montaña, atópase a balsa de Sant Llorenç, este é un gran estanque rodeado de canas e coa fauna autóctona do Parque Natural da Albufeira. O termo municipal de Cullera esténdese ao longo dunha chaira, cuxa única elevación é a Muntanya de les Rabosses (montaña das Raposas), cunha altura máxima de 233 m, sendo o último contraforte do Sistema Ibérico antes de chegar ao mar. O nome da montaña débese a que nunha época habitaban moitos coellos, facendo que tamén se atopase o raposo no mesmo hábitat; nos últimos tempos por mor da especulación urbanística e a explotación turística de cando en cando adoita verse algún raposo, excepto en contadas ocasións. Desta montaña cabe destacar que pola súa situación xeográfica, desde a cal se controlan todos os arredores, sempre estivo habitada e utilizada como atalaia, feito constatado polo castelo musulmán reformado máis tarde polos cristiáns, e a principios do século XX volta a reformarse para albergar un santuario, moito máis recente é o forte na parte máis elevada da montaña, que data da época das guerras carlistas.

Barrios e pedanías No termo municipal de Cullera sitúanse os seguintes núcleos de poboación:

Sant Antoni de la Mar El Far El Dosser El Brosquil El Mareny de Sant Llorenç El Marenyet L'Estany El Racó La Bega El Port El Raval de Sant Agustí La Vila

Localidades limítrofes O termo municipal de Cullera limita cos de Sueca, Corbera, Fortaleny, Llaurí, Favara, Polinyà de Xúquer e Tavernes de la Valldigna.

Véxase tamén Ligazóns externas

País Valencià, poble a poble, comarca a comarca, de Paco González Ramírez. Secció "Poble a poble" do Diari Parlem. Institut Valencià d'Estadística. Portal da Direcció General d'Administració Local da Generalitat.

Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Valencia