Xaime Quesada Porto, coñecido artisticamente como Xaime Quessada, nado en Ourense o 14 de xullo de 1937 e finado en Vilar de Astrés o 30 de decembro de 2007Morre ós setenta anos o creador Xaime Quessada , Galicia Hoxe, foi un pintor, escultor e escritor galego. É irmán do debuxante Fernando Quesada.
Traxectoria artística miniatura|220px|Dorna, 2001, en Pontevedra. Formouse na Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid. Nos anos cincuenta frecuenta o grupo de artistas ourensáns nucleados ao redor do Café Volter, denominado Os Artistiñas por Vicente Risco (formado por Arturo Baltar, Xavier Pousa, Virxilio, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano e Buciños). Obtén a medalla de ouro na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1959. Trasládase a vivir a París en 1962, e posteriormente móvese a Estados Unidos, onde traballa na década dos oitenta para a Unesco como artista nun proxecto sobre o Quixote.
Nas súas obras destacan as referencias mitolóxicas, as figuras naturalistas moi coridas, e os corpos esvaídos. Son constantes os motivos e cadros inspirados en Goya (como a súa serie negra) e máis en Picasso, con numerosas versións do Guernica e do minotauro. miniatura|200px|O Mouchiño, 2002, en Ourense.
Exposicións e obras Os seus murais e lenzos de gran tamaño están presentes en moitas pinacotecas europeas, como o Museo Nacional de Arte Moderna de México, o Museo do Pobo Galego, ou o Museo da Habana. Tamén ten obras como os teitos do Teatro Principal de Ourense, no Parlamento de Galicia e diversas esculturas públicas na cidade de Ourense ou a súa dorna homenaxe ao camiño de Santiago na cidade de Pontevedra.
Tamén realizou escenografías e vestiarios para montaxes teatrais, así como diversas ilustracións para libros. miniatura|200px|A fada e o dragón, 2006, no Paseo de Alfonso XII de Vigo. Obra literaria en castelán Narrativa El recristo del Baraña: trágica y singular historia, La galería Novecento, 1981. Lucenza, Sotelo Blanco, 1989 (prólogo de Manuel Vázquez Montalbán). Cuentos crueles, Ronsel, 2005.
Obra escrita en galego Conversas Conversas con Xaime Quessada, de Olegario Sotelo Blanco, Sotelo Blanco, 1991.
Datos persoais O seu fillo, Xaime Quesada Blanco, tamén foi pintor. Xaime Quessada foi soterrado no camposanto de Señorín.
Foi un coñecido militante da UPG e posteriormente do Partido Comunista de Galicia en Ourense.
Premios Medalla Castelao en 2004. Premio da Crítica Galicia 2008 na categoría de "Ciencias e Artes da Representación". Fillo predilecto da provincia de Ourense a título póstumo (2009).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Conversas con Xaime Quesada, Olegario Sotelo Blanco, 1991
Ligazóns externas
Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes