Un dominio de Internet patrocinado (en inglés, sponsored TLD) é calquera dominio de Internet xenérico proposto por unha axencia ou fundación independente, a cal establece e aplica as regras para optar a devandito dominio. Por exemplo, o dominio .aero foi patrocinado pola Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques, a cal limita o rexistro baixo este dominio a membros da industria do transporte aéreo.

Entre os dominios de Internet patrocinados atópanse os seguintes: .aero - membros da industria do transporte aéreo - Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques. .coop - sociedades cooperativas - Dot Cooperation LLC .museum - museos - Museum Domain Management Association .prol - profesionais acreditados e entidades relacionadas - Registry Services Corporation .travel - axencias de viaxes, liñas aéreas, hoteis, organismos de promoción do turismo... - The Travel Partnership .mobi - dispositivos móbiles e servizos para eles - mTLD, un consorcio no que se atopan compañías como Microsoft, Ericsson, Vodafone, T- Mobile, Telefónica Móviles, Samsung, Sun Microsystems e Nokia .cat - cultura e lingua catalá - Fundación puntCat, para as entidades directamente relacionadas coa lingua e a cultura catalá (escolas, radios, entidades culturais, editoriais e administracións públicas do ámbito catalanfalante) .jobs - sitios web relacionados co emprego .gal - dominio específico para a cultura galega, aprobado pola ICANN o 14 de xuño de 2013.

Dominios de Internet patrocinados pendentes: .post - axencias postais e empresas - Unión Postal Internacional .tel - comunicacións de voz, datos e texto a través de Internet - Telname Limited .xxx - contido pornográfico e sexualmente explícito - ICM Registry

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dominio de primeiro nivel

Categoría:Dominios de Internet