Walter Bagehot, nado o 3 de febreiro de 1826 e finado o 24 de marzo de 1877, foi un home de negocios, ensaísta e xornalista, que escribiu extensamente sobre literatura, política, economía e outros moitos asuntos.
Traxectoria Bagehot naceu en Langport, Somerset, Inglaterra, seu pai, Thomas Walter Bagehot, era xerente e vicepresidente de Stuckey's Banking Company. El estudou no University College de Londres, onde cursou matemáticas e realizou un máster en filosofía intelectual e moralRichard Holt Hutton, "Memoir" e "Second Memoir" (no Dictionary of National Biography), en Mrs Russell Barrington, ed., The Works and Life of Walter Bagehot, London, Longman, Green (1915).
Traballou con seu pai desde 1852 e escribiu para varios xornais, logo durante dezasete anos foi o editor de The Economist, xornal que fora fundado polo seu sogro (James Wilson). Despois de asumir a dirección en 1860, engadiu a The Economist''' información sobre os Estados Unidos e política, aumentando a influencia do xornal entre os medios políticos.
En 1867, escribiu un libro titulado The English Constitution no cal explora a constitución do Reino Unido, especificando o funcionamento do Parlamento e a monarquía británica e os contrastes entre o goberno británico e o americano. O libro converteuse nun manual que se traduciu a varias linguas.
Tamén escribiu Physics and Politics (1872), no cal acuñou a expresión aínda en uso no mundo anglosaxón "the cake of custom" para referirse á tensión entre as institucións tradicionais e a innovación. Lombard Street (1873), explica o mundo das finanzas e da banca, e especialmente como resolver crises financeiras. Polas súas contribucións á teoría sociolóxica a través dos estudos históricos, Bagehot pode ser comparado co seu contemporáneo, Henry James Sumner Maine.
Despois da súa morte publicouse unha colección cos seus ensaios económicos, literarios e políticos.
Cada ano a Political Studies Association británica outorga o Premio Walter Bagehot á mellor disertación no campo da administración pública e gobernativa.
Obras thumb|Lombard Street, 1873 The Collected Works of Walter Bagehot: Volumes 1-15, ed. Norman S. John-Stevas, Nova York, Oxford U. Press, (1986) ISBN 0-85058-039-0 Emily (Mrs Russell) Barrington, ed., The Works and Life of Walter Bagehot, in 10 vols. Londres, Longman, Green (1915) On line. The Postulates of English Political Economy, with a Preface by Alfred Marshall, Londres, Longmans Green & Co. (1885); Google books Economic Studies, ed. Richard Holt Hutton, Londres, Bombai e Calcuta, Longmans, Green (1879); Nova York, Augustus M. Kelley (1998) ISBN 0-678-00852-3
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brian Hanley, "'The Greatest Victorian' in the New Century: The Enduring Relevance of Walter Bagehot's Commentary on Literature, Scholarship, and Public Life", Papers on Language and Literature, (Spring 2004) The Pursuit of Reason: The Economist 1843-1993'', Harvard Business School Press, Boston, Massachusetts ISBN 0-87584-608-4 A Short Biographical Dictionary of English Literature
Ligazóns externas Obras de Walter Bagehot no Proxecto Gutenberg Obras de Walter Bagehot en Internet Archive
Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Ensaístas Categoría:Nados en Somerset Categoría:Nados en 1826 Categoría:Finados en 1877