Antonio Saura, nado en Huesca o 22 de setembro de 1930 e finado en Cuenca o 22 de xullo de 1998, foi un artista español, irmán do director de cine Carlos Saura e tío do produtor cinematográfico Antonio Saura.

Traxectoria Antonio Saura creceu durante a guerra civil española en Madrid, Valencia e Barcelona. Debido a unha enfermidade pulmonar a partir de 1943 tivo que pasar cinco anos en cama.

Sen educación académica, comeza a súa carreira artística como autodidacta, ten unha primeira exposición en Zaragoza en 1950 e expón finalmente en Madrid en 1952 cadros surrealistas. Tras o seu traslado a París a metade dos anos 50, súmase aos surrealistas.

Tras a súa volta a España, funda xunto con outros artistas o grupo El Paso. A súa primeira exposición en París tívoa en 1957. O ano seguinte, 1958, participa xunto con Antoni Tàpies e Eduardo Chillida na Bienal de Venecia e en 1959 é invitado á segunda edición de Documenta en Kassel (Alemaña). Durante esta época pinta cadros abstractos moi expresivos que con todo aínda conteñen a miúdo símbolos, por exemplo no seu Cristo Crucificado de 1959 ou o ciclo Brigitte Bardot.

A finais de anos 1950 comeza a cooperar co seu compatriota Antonio Tápies, co que realiza unha exposición conxunta na Documenta de 1959 en Múnic. Ambos son os principais expoñentes da arte informal española.

Antonio Saura é Doutor Honoris Causa pola Universidade de Castela-A Mancha, a cal deu o seu nome ao edificio que alberga a facultade de Belas Artes, unha das máis modernas e funcionais de España.

Exposicións (selección) miniatura|Musée d'art et d'histoire 1963 Palais des Beaux-Arts, Bruxelas (Bélxica) 1964 Documenta III Kassel, Stedelijk Museum, Ámsterdan (Países Baixos) 1966 Institute for Contemporary Art, Londres (Gran Bretaña) 1974 M-11, Sevilla (España) 1977 Documenta IV, Kassel (Alemaña) 1979 Stedelijk Museum Amsterdam (Países Baixos) 1981 Caja de la Inmaculada, Zaragoza (España) 1986 Neue Galerie (actualmente Ludwig Forum für Internationale Kunst), Aachen (Alemaña) 1989 Musée d'art et d'histoire, Xenebra (Suíza) 1994 Museum für Moderne Kunst, Lugano (Suíza) 2002 Musée d'Art Moderne et Contemporain, Estrasburgo (Francia) 2003 National Museum, Cracovia (Polonia) 1996 Museo de Debuxo "Julio Gavín" Castelo de Larrés (Huesca)

Premios (selección) miniatura|Estación de Antonio Saura en Madrid. 1960 Premio Guggenheim, Nova York (Estados Unidos) 1979 Premio da primeira bienal gráfica europea (Ersten Europäischen Grafikbiennale), Heidelberg (Alemaña) 1982 Medalla de ouro de Belas Artes de España 1995 Gran premio da cidade de París (Francia)

Véxase tamén

Ligazóns externas Saura. Análise Crítico (en español) As multitudes de Antonio Saura, por Santiago Amón (en español)

Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores de Aragón Categoría:Nados en Huesca Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Premio Tomás Francisco Prieto