O 28 de abril é o 118º día do ano do calendario gregoriano (119º nos anos bisestos). Quedan 247 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1253 - Nichiren, un monxe budista xaponés, propón Nam Myoho Renge Kyo por primeira vez e declara que é a esencia do budismo, fundando o Budismo Nichiren 1788 - Maryland convértese no 7º estado en ratificar a Constitución dos Estados Unidos. 1796 - Napoleón Bonaparte e Vítor Amadeo III, Rei de Sardeña, asinan o Armisticio de Cherasco, expandindo o territorio francés ao longo da costa mediterránea. 1862 - Batalla dos Cumios en México. 1920 - Azerbaidján incorpórase á Unión Soviética 1930 - O primeiro partido nocturno na historia do béisbol organizado ten lugar en Independence, Kansas. 1932 - Anúnciase unha vacina para a febre amarela para uso en humanos. 1945 - Captura e execución de Benito Mussolini e a súa amante Clara Petacci por membros do Movemento de Resistencia Italiano cando tentaban fuxir de Italia. 1947 - Thor Heyerdahl e cinco compañeiros de expedición póñense en camiño dende Perú na Kon-Tiki para probar que os nativos peruanos poderían terse establecido na Polinesia. 1952 - Ocupación do Xapón: Remata a ocupación do Xapón por parte dos Estados Unidos . 1952 - Dwight D. Eisenhower dimite como Comandante Supremo da OTAN para entrar como candidato a Presidente dos Estados Unidos. 1959 - Fundación da "Casa de las Américas" na Habana. 1965 - As tropas dos Estados Unidos aterran na República Dominicana para "anticiparse ao nomeamento dun ditador Comunista”, e para evacuar os cidadáns estadounidenses. 1969 - Charles de Gaulle dimite como Presidente de Francia. 1970 - Guerra do Vietnam: O presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon, autoriza as tropas de combate dos Estados Unidos para loitar contra os santuarios comunistas en Camboxa. 1977 - Remata o proceso contra a Facción do Exército Vermello, coa declaración de Andreas Baader, Gudrun Ensslin e Jan-Carl Raspe, culpábeis por catro cargos de asasinato e 30 cargos de tentativa de asasinato 1978 - O Presidente de Afganistán, Mohammed Daoud Khan, resulta derrocado e asasinado nun golpe de estado por rebeldes procomunistas. 1987 - O enxeñeiro americano de 27 anos Ben Linder é asasinado nunha emboscada pola Contra (mantida por fondos de Estados Unidos), no Norte de Nicaragua. A súa morte desencadeou un fero debate nos Estados Unidos. 1988 - Cerca de Maui, Hawai, unha azafata resulta succionada dun Boeing 737 de Aloha Airlines e cae ao baleiro, cando a parte superior da cabina do aparello se solta en pleno voo. Logo saberase que o desgaste do material fora a causa do accidente. 1990 - Logo de 6.237 representacións, o musical de Broadway A Chorus Line chega ao seu derradeiro pase. 1994 - O Antigo oficial da CIA, Aldrich Ames declárase culpable de revelar segredos dos Estados Unidos á Unión Soviética, e logo a Rusia. 1996 - Escándalo "Whitewater": O Presidente Bill Clinton entrega un testemuño en vídeo de 4 horas e media para a defensa. 1996 - Martin Bryant mata 35 persoas, e fere outras 18, no masacre de Port Arthur en Tasmania, Australia. 1997 - Entra en vixencia o Convenio sobre Armas Químicas de 1993, asinado en París en xaneiro do 1993. Países como Rusia, Iraq e Corea do Norte non ratificaran o tratado. 1999 - Lanzamento do observatorio espacial alemán ABRIXAS. 2001 - O millonario Dennis Tito convértese no primeiro turista espacial 2003 - Apple Computer lanza iTunes Music Store, vendendo 1 millón de cancións na primeira semana. 2005 - Entra en vixencia o Tratado de Lei de Patentes (PLT – Patent Law Treaty) en 10 países: Croacia, Dinamarca, Estonia, Kirgyzstan, Nixeria, Moldova, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia e Ucraína. 2025 - Producese un apagamento eléctrico que afectou durante máis de 12 horas (comezando ás 12:33 CEST e rematando ó longo da madrugada do día seguinte) a moi boa parte de España e Portugal, aínda que países coma Francia e Andorra tamén se viron afectados.

Nacementos miniatura|100px|Kurt Gödel. 1442 - Rei Eduardo IV de Inglaterra (m. 1483). 1753 - Franz Karl Achard, químico prusiano. (m. 1821 1758 - James Monroe, 5º Presidente dos Estados Unidos (m. 1831). 1810 - Daniel Ullmann, xeneral (m. 1892) . 1812 - Antonio Casares Rodríguez, químico galego (m. 1888). 1819 - Ezra Abbot, catequista estadounidense (m. 1884). 1874 - Karl Kraus, xornalista e escritor (m. 1936). 1878 - Lionel Barrymore, actor (m. 1954). 1879 - Xosé Iglesias Roura, avogado, político e escritor galego (m. 1930). 1880 - Juan Novás Guillán, mestre e pedagogo galego (m. 1967). 1886 - Ğabdulla Tuqay, poeta (m. 1913). 1889 - António de Oliveira Salazar, ditador de Portugal (m. 1970). 1896 - Charlie Rivel, pallaso (m. 1983). 1900 - Bruno Apitz, escritor (m. 1979). 1906 - Kurt Gödel, matemático (m. 1978). 1908 - Oskar Schindler, empresario (m. 1974). 1909 - José Gómez Gayoso, político e guerrilleiro antifranquista galego (m. 1948). 1923 - Horst-Eberhard Richter, psicanalista. 1926 - Harper Lee, autor de To Kill a Mockingbird. 1928 - Yves Klein, pintor (m. 1962). 1928 - Eugene M. Shoemaker, astrónomo, estudoso dos planetas (m. 1997). 1930 - James Baker, político. 1937 - Saddam Hussein, antigo ditador Iraquí. 1941 - Ann-Margret, actriz. 1948 - Terry Pratchett, escritor británico. 1950 - Jay Leno, cómico. 1950 - Mercedes Suárez Pazos, profesora e investigadora galega. 1953 - Roberto Bolaño, escritor chileno (m. 2003). 1953 - Salvador Fernández Moreda, político galego. 1953 - Kim Gordon, roqueira estadounidense. 1958 - Hal Sutton, golfista estadounidense. 1966 - John Daly, golfista estadounidense. 1974 - Penélope Cruz, actriz. 1981 - Jessica Alba, actriz.

Mortes miniatura|100px|Francis Bacon. 1772 - Johann Friedrich Struensee, Médico Real de Christian VII de Dinamarca (n. 1737). 1853 - Ludwig Tieck, escritor alemán (n. 1773). 1883 - Manuel López Lorenzo, xornalista e escritor galego (n. 1842). 1892 - Rodolfo Feijoo Pardiñas, xornalista e político galego. 1901 - Salvador Parga Torreiro, xurista e escritor galego (n. 1838). 1905 - Fitzhugh Lee, xeneral Confederado. 1938 - Alfredo Pérez Viondi, médico, militar e político galego (n. 1872). 1945 - Benito Mussolini, ditador italiano e Clara Petacci, amante do mesmo ditador; executados por partisanos. 1949 - Benigno Fraga Pita, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1892). 1952 - Manuel Dopazo Gontade, gaiteiro galego. 1967 - Ramiro Vidal Carrera, xornalista e político galego (n. 1887). 1978 - Sardar Mohammed Daoud, Presidente de Afganistán (n. 1909). 1991 - Eduardo Moreiras, escritor galego (n. 1914). 1991 - Mario Granell, pintor galego (n. 1914). 1992 - Francis Bacon, pintor anglo-irlandés (n. 1909). 2000 - Penelope Fitzgerald, escritora (n. 1916). 2002 - Alexander Lebed, xeneral ruso (n. 1950). 2002 - Ruth Handler, inventora da boneca Barbie (n. 1916). 2009 - Idea Vilariño, escritora uruguaia (n. 1920). 2012 - Matilde Camus, poeta (n. 1919).

Festas e celebracións Imperio Romano - primeiro día de Floralia en honor a Flora Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

A Merca - Festa do Porco

Outros Santoral: Acacio (mártir), Afrodisio (mártir), Agapio (mártir), Agapito I (papa), Caralipo (mártir), Dídimo (mártir), Eusebio (mártir), Luís Mª. Grignion de Montfort (confesor), Marcos (bispo), Menandro (mártir), Pánfilo (bispo), Patricio (bispo), Pedro Chanel (presbítero e mártir), Polieno (mártir), Prudencio, Teodora (mártir), Ursicino (mártir), Valerio (mártir), Vidal (mártir).

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Abril