dereita|miniatura|200px| O Camp de Tarragona é unha rexión natural e histórica do sur de Cataluña e tamén un dos oito ámbitos funcionais territoriais (AFT) definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías.
É a área da provincia de Tarragona que engloba as comarcas catalás do Alt Camp, Baix Camp, Baix Penedès, Conca de Barberà, Priorat e Tarragonès. En 2010 contaba con 616.852 habitantes. Historicamente coñecíase como Camp de Tarragona á rexión formada polo Alt Camp, o Baix Camp e o Tarragonès.
Tamén é o nome da estación ferroviaria de alta velocidade que desde o 26 de decembro de 2006 serve a esas comarcas, a estación de Camp de Tarragona.
Categoría:Ámbitos funcionais territoriais de Cataluña Categoría:Comarcas naturais de Cataluña Categoría:Provincia de Tarragona