O mar de Davis é unha área do océano Antártico ao longo da costa da Antártida entre a Barreira de Xeo West e a Barreira de Xeo Shackleton, no sector reclamado por Australia (Territorio Antártico Australiano). Descuberta pola Expedición Antártica Australiana (1911-1914) desde o barco Aurora, foi bautizada en homenaxe a Douglas Mawson polo Capitán J.K. Davis, ao mando do Aurora e segundo ao mando da expedición.
O Mar de Davis baña a Costa do Rei Leopoldo e da Raíña Astrid, as costas da Terra de Guillerme II e da Terra da Raíña María. Neste mar atópase a Illa Drygalski e nas súas costas está a base rusa Mirny. Véxase tamén
Categoría:Mares do Océano Antártico