José Rubinos Ramos, nado na Coruña o 3 de abril de 1898 e finado en Miami o 3 de decembro de 1963, foi relixioso e escritor galego.

Traxectoria Ingresou na Compañía de Xesús e trasladouse a Bogotá onde estudou Filosofía e Ciencias.Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Fixo o doutoramento en Teoloxía en Quito. En 1927 volveu a Bogotá onde impartiu clases. Dende alí viaxou a España. De volta a América, desenvolveu a maior parte da súa actividade cultural na Habana, con esporádicas visitas á súa terra natal. Foi expulsado de Cuba en 1961, despois da chegada ao poder de Fidel Castro, que fora alumno seu.

É autor de varios libros de poemas e doutro de prosa, cunha especial predilección pola cidade da Coruña. Tamén de múltiples artigos en diversas publicacións da colonia galega en Cuba. miniatura|O poema da Cruña, Nós, 1933. A rúa Padre Rubinos da Coruña está dedicada a el. Foi nomeado membro de honra da Real Academia Galega.

Obras Publicou, entre outras obras, as seguintes (todas en América agás a primeira): O poema da Cruña (1933), Nós, Santiago de Compostela. Lope de Vega como poeta religioso: estudio crítico de sus obras épicas y líricas religiosas (1935) Covadonga: epopeya en XV gestas (1950) A xesta de cómo a América nasceu da melodía (1953) Gabanza da Cruña (1954). Dial poético da viaxe du galego pol-os Estados Unidos (1958) Cervantes y Menéndez Pelayo: algunas semejanzas (1958) Cantigas de novo xeito vello (1959) Cuentos de color del siglo (1959) Fábulas galegas pra os nenos grandes e pequenos: texto gallego y versión castellana (1960).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xesuítas de España Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Poetas en lingua galega