miniatura|250px|Monumento en lembranza do naufraxio na praia de Cesantes. O O'Bahía foi unha embarcación galega de pesca do cerco que afundiu nas costas das Illas Sisargas o 2 de xuño de 2004. O accidente produciuse a unhas catro millas ao suroeste das Illas Sisargas, na Costa da Morte, cando o barco volvía de recollida logo de faenar ao bocarte nas costas de Euskadi. A situación climatolóxica era moi mala.
Segundo o informe oficial emitido polo Ministerio de Fomento, a causa foi:
Faleceron todos os seus dez tripulantes, de Cesantes, Redondela, Nigrán, de Chapela e de Cangas de Morrazo. Só se atoparon os corpos de seis.
Características da embarcación A construción do barco do cerco O'Bahía, con matrícula 3ª-VILL5-5-99, data de 1999. A embarcación medía 18 metros de eslora e posuía unha manga de 5,1 metros e un puntal de 2,35 metros. O material principal de construción é o aceiro, e as cores predominantes eran o branco e o vermello. O casco proviña de Ferrol.
A base do pesqueiro estaba situada en Cambados, na ría de Arousa.
Descrición do accidente Antecedentes A embarcación d' O'Bahía era un buque pesqueiro do cerco. O 16 de abril de 2004 partiu do porto de Vigo con destino ao porto de Pasaia, no País Vasco, co fin de faenar na costeira da anchoa. A tripulación que levantou áncora de Vigo estaba composta por 10 tripulantes, entre os que se atopaba un mecánico, oito mariñeiros e o patrón da embarcación.
O día 5 de maio, após sufrir danos no seu motor, este tivo que ser substituído. O motivo foi a contaminación do combustíbel do barco ao abastecerse no porto de Pasaia. Dito combustíbel, composto por 2.500 litros de gasóleo, estaría contaminado con restos hídricos, o que levou a ter que mudar o motor por outro de similares características. Así, entre os días 20 e 21 de maio, a empresa encargada de realizar as tarefas de mantemento do motor realizou as reparacións oportunas.
Ás 12 horas do 27 de maio dese mesmo ano, o buque comezou o traxecto de retorno a Galicia, após daren por rematada a faena da anchoa no País Vasco. Durante o percorrido, decidiu modificar os plans de demanda do porto de Vigo, e establecer unha base provisional na costa lucense, no porto de Burela. Dita modificación nos plans iniciais veu motivada polas novas sobre a presenza de bancos de sardiñas no litoral lucense. Deste xeito, o 28 de maio os buques O'Bahía e o Novo Ameixa arribaron a Burela ás 14 horas. Durante os días posteriores á chegada a Burela, a embarcación adicouse a faenar nas capturas de sardiña.
Finalmente, o día 2 de xuño, após descargar no porto as capturas dos anteriores días, e tras recargar 2.500 litros de gasóleo, o barco cerqueiro partiu de Burela con destino a Vigo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Naufraxios de pesqueiros galegos
Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Barcos de pesca Categoría:Naufraxios Categoría:2004 en Galicia Categoría:Barcos de 1999 Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes