Unha biblioteca virtual é unha biblioteca establecida en Internet mediante informatización. Os seus servizos son os das bibliotecas informatizadas (fichas e catálogos en versión electrónica), os das bibliotecas dixitais (que proporcionan recursos dixitais e sistemas de información en rede incorporando datos multimedia) e outros a maiores coma reprodución destes recursos en liña. Adoitan permitir buscas no catálogo (polos datos dos recursos e polo seu contido), servizos de intercomunicación co usuario (mesmo empréstito ou reserva), servizos de espallamento da información (grupos de usuarios, publicidade, listas de correo), uso dos recursos (texto, imaxe, son e vídeo) e acceso e recuperación da información dependendo da linguaxe de marcado (HTML ou XML segundo un molde ou Document Type Definition).

Véxase tamén Ligazóns externas Biblioteca da Universidade da Coruña Biblioteca da Universidade de Santiago Biblioteca da Universidade de Vigo Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego da Asociación de Tradutores Galegos Biblioteca Virtual Galega Biblioteca Virtual de Literatura Emblemática Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Categoría:Bibliotecas dixitais