Paz Abraira Sobrado, nada en Meira en 1971, é unha política nacionalista galega.
Traxectoria Estudou Enxeñería Técnica en Explotacións Forestais no campus de Lugo, época na que foi membro da Xunta de Escola da Escola Politécnica Superior de Lugo (1991 a 1995), así como membro da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago no período 1992-1994.
Militante do BNG, é concelleira en Lugo e membro ademais do Consello Nacional do BNG, así como do Consello Comarcal de Lugo-Centro e da súa Executiva comarcal. Foi cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo.
Véxase tamén Ligazóns externas pazabraira-bng.org
Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Meira Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes