Benito Varela Jácome, nado en Soutolongo (Lalín) o 6 de marzo de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 2010, foi un estudoso e crítico literario galego.

Traxectoria Fixo os estudos primarios e secundarios en Lalín. Aos 16 anos fixo unha viaxe a Arxentina, onde permaneceu un ano. Ao regreso intervén como soldado na batalla do Ebro. Cursou Filosofía e Letras, sección Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela.

O seu primeiro traballo como docente foi no colexio Minerva de Santiago de Compostela (hoxe Colexio Manuel Peleteiro). A partir de 1960 foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas en varios institutos de bacharelato dentro e fóra de Galicia. En 1956 doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid cunha tese titulada "Doña Emilia Pardo Bazán y las tendencias novelísticas de su tiempo". En 1977, obtén unha praza de profesor de literatura hispanoamericana na Universidade Complutense de Madrid. En 1980 trasládase á Universidade de Santiago de Compostela.

Dende finais da década de 1940 colaborou co Instituto Padre Sarmiento, dependente do CSIC.

Foi presidente de honra da Asociación Española de Estudios Literarios Hispanoamericanos dende a súa creación. O seu labor centrouse nos estudos sobre Literatura Hispanoamericana con traballos sobre Julio Cortázar, Huidobro, Buero Vallejo ou García Márquez. Pero tamén amosou gran dedicación á Literatura galega, con estudos sobre Castelao, Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro. Engádense aos anteriores traballos sobre literatura castelá centrados na obra de autores como: Valera, Larra, Clarín, Pío Baroja, Galdós, Valle-Inclán, Espronceda etc.

Tamén contribuíu de forma importante en ramas como a crítica, a teoría literaria ou a didáctica con múltiples escritos.

Obras

Historia de la literatura gallega (1951). Porto Editores. Singraduras da narrativa galega. De Castelao a Neira Vilas (1973). Colección Ronsel. Librigal. Estructuras de la narrativa de Castelao (1973). A Coruña: Librigal.

Estudos sobre literatura hispanoamericana El cuento hispanoamericano contemporáneo (1976). La novela hispanoamericana del siglo XIX. Estructuras novelísticas de Lezama Lima (1977) Estructuras profundas en Pedro Páramo (1980) Función de los modelos culturales en la novelística de Sábato (1983) Tensiones españolas en la "Consagración de la primavera" (1986)

Didáctica, crítica e teoría literaria Nuevas técnicas del análisis de textos (1981) Análisis estructural de novela, poesía y teatro (1985) Estructuras novelísticas del siglo XIX (1973), no que reflexiona sobre modelos europeos.

Recoñecementos

A Biblioteca municipal de Lalín leva o seu nome. Vida persoal

Casou en Silleda con María del Carmen Tobío Fondevila en 1944,El Correo Gallego, 18-6-1944, p. 2. con quen tivo catro fillos. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Benito Varela Jácome, investigador literario

Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes