Manuel González Sanchidrián, nado en Santiago de Compostela en 1979, é un político galego ligado ao PPdeG.
Traxectoria Arquitecto pola Universidade da Coruña e especializado en urbanismo, ten traballado en estudos de arquitectura na empresa privada en Santiago. Tamén colaborou na publicación “Inventariado da Arquitectura Galega” editada pola Universidade da Coruña. Actualmente é presidente da Asociación Cultural de Iniciativas Xuvenís e Estudantís Albedrío con sede en Pontevedra.
Afiliado a Novas Xeracións dende o 2004, pertence á xunta local de Novas Xeracións de Pontevedra dende o 2005, e no último congreso local foi nomeado coordinador. É Secretario Xeral de Novas Xeracións de Galicia, membro da Xunta Directiva Nacional de Novas Xeracións, membro do Comité Executivo Rexional do PPdeG, membro do Comité Executivo Provincial do PP de Pontevedra, e membro do Comité Rexional de Dereitos e Garantías.
Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1979 Categoría:Arquitectos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes