José Figueroa Alcorta, nado en Córdoba o 20 de novembro de 1860 e finado en Buenos Aires o 27 de decembro de 1931, foi un avogado arxentino, que ocupou o cargo de presidente da Arxentina entre 1906 e 1910. Asumiu a presidencia da Arxentina en 1906 ante o falecemento de Manuel Quintana, de quen era vicepresidente.

Traxectoria Tivo serios problemas para lograr apoio no Congreso, o que finalmente conseguiu en 1908. Buscou un achegamento cos radicais, indultando aos detidos pola tentativa de golpe de estado de 1905 e preparou o camiño para os cambios electorais de Roque Sáenz Pena. Os grupos anarquistas mostráronse activos en numerosos atentados, chegando a matar ao xefe de policía Ramón Falcón, asasinado por un anarquista en 1909 como vinganza pola criminal represión exercida pola policía durante as protestas do 1 de maio.

En relacións internacionais, merecen destacarse as tensións co Brasil.

Durante o seu mandato descóbrese petróleo en Comodoro Rivadavia, no sur arxentino, e se ditou a primeira lei de regulación da explotación. Correspondeulle presidir a celebración do primeiro centenario da Revolución de Maio.

Anos máis tarde, sendo ministro da Corte Suprema de Xustiza, foi o único xuíz que propuxo renunciar como resposta ao golpe de Estado de 1930.

Categoría:Presidentes da Arxentina Categoría:Vicepresidentes da Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia vasca Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Nados en Córdoba, Arxentina Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Senadores do Congreso da Nación Arxentina Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina Categoría:Embaixadores da Arxentina en España