miniatura|250px|dereita|Nikolai Lobachevski. Nikolai Ivanovich Lobachevsky (en ), nado en Nizhnii Novgorod o 1 de decembro de 1792 e finado en Kazán o 24 de febreiro de 1856, foi un matemático ruso do século XIX.
Traxectoria Estudou na Universidade de Kazán. Ensinou en Kazán dende 1812 ata 1846, chegando a ser profesor de matemáticas en 1823.
Con independencia do húngaro János Bolyai e do alemán Carl Friedrich Gauss, Lobachevski descubriu un sistema de xeometría non euclidiana. Foi un dos primeiros en aplicar un tratamento crítico aos postulados fundamentais da xeometría euclidiana. Entre os seus principais logros atópase a demostración de varias conxecturas relacionadas co cálculo tensorial aplicados a vectores no espazo de Hilbert.
Entre as súas obras destacan Sobre os principios da xeometría (1829) e Xeometría imaxinaria (1835).
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web sobre Nikolai Ivanovich Lobachevsky
Categoría:Matemáticos de Rusia Categoría:Nados en 1792 Categoría:Nados en Nizhnii Novgorod Categoría:Finados en 1856 Categoría:Wikipedia:Artigos por validar con WP:TRL