A estación de Pontevedra é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia, incluíndo os do eixe atlántico de alta velocidade. Ten tamén funcións loxísticas.Ficha técnica Adif
Tivo 1 024 500 pasaxeiros en 2022. En 2021, Pontevedra foi unha das quince estaciones españolas con acceso gratuíto a Internet Wi-fi..
Situación ferroviaria A estación está a 31 metros de altura e forma parte da seguintes liña férreas de ancho ibérico: Liña férrea Redondela-Santiago de Compostela, punto quilométrico 18,00. Liña férrea Pontevedra-Marín, liña que une Pontevedra co porto de Marín.Liña Pontevedra-Marín Spanishrailway
Historia Área de plataformas|miniatura|left|220px
En 1863 creouse a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unir Santiago de Compostela co Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.Pontevedra a Santiago (The West Galicia Railway Company Limited) Spanishrailway Esta sociedade foi vendida en 1866 a The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o mencionado tramo o 15 de setembro de 1873 tras once anos de traballo. En 1889 púxose en marcha o tramo de 42 quilómetros que permitiu prolongar a liña ata Pontevedra.
O 16 de maio de 1884, o primeiro tren chegou a Pontevedra, nun percorrido de proba desde Redondela. Esta foi a etapa previa á viaxe inaugural da liña Pontevedra-Redondela o 30 de xuño do mesmo ano. En 1886, a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (xeralmente abreviada como MZOV) concluíra o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.Monforte a Vigo e Pontevedra (vía Ourense) Spanishrailway Esta liña contou cunha ligazón de 18,95 quilómetros desde Redondela que alcanzaba a recentemente creada estación de Pontevedra, inaugurada o 30 de xuño de 1884 no barrio de Campolongo, nun terreo correspondente a unha parte da actual praza de Galicia.
O 9 de setembro de 1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited. Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe quen xestionou a estación ata a súa separación en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
A actual estación foi inaugurada o 8 de agosto de 1966, substituíndo a vella do barrio de Campolongo. miniatura|right|Centro Comercial Vialia Pontevedra.
O 30 de novembro de 2000 inaugurouse o centro comercial Vialia, anexo á estación de ferrocarril, onde hai 8 salas de cinema con 1.488 butacas. Trátase do primeiro centro comercial Vialia de Galicia.. Está explotado por ADIF en nel hai tendas de agasallos, servizos, lecer e restauración.
En setembro de 2000 iniciáronse as obras do ramal de Pontevedra ao porto de Marín-Pontevedra. O 10 de xullo de 2002 inaugurouse esta liña de mercadorías de 6,487 km..
En 2007 e 2008 adxudicáronse as obras dos tramos que unen a cidade co chamado eixe atlántico de alta velocidade que facilitarán as conexións de alta velocidade con Pontevedra.
Entre 2013 e 2015 a estación de Pontevedra recibiu unha profunda remodelación total das instalacións ferroviarias. Demoléronse todas as plataformas e vías, construíronse 3 novas plataformas e unha nova praia de vías con dúas vías centrais pasantes e 5 vías con plataforma. Realizouse un enorme paso inferior que substitúe ao antigo paso inferior, actualmente transformado en galería de servizos. Instaláronse ascensores nas tres plataformas e fíxose a preinstalación para 6 escaleiras mecánicas, instalando finalmente só dúas, de subida nas 2 plataformas máis usadas.
A estación O edificio de viaxeiros da estación de Pontevedra é unha estrutura de dous pisos de planta alongada e rectangular revestida de pedra e adornada no seu acceso principal por un amplo arco nun frontón triangular. Unha marquesiña en beiril en formigón armado cobre as plataformas da estación. O edificio foi proxectado en abril de 1943 polos enxeñeiros de camiños José Luis Tovar Bisbal e Eugenio de la Sal Crespo. Sitúase na Avenida da Estación, na zona sueste da cidade, no lugar da Parda. Está a carón do río dos Gafos e da estación de autobuses, e por diante dela pasa a vía portuguesa do camiño de Santiago e atópase o monumento Dorna.
O edificio de pasaxeiros está equipado con máquinas expendedoras de billetes e unha sala de espera. Ten tres plataformas, a principal pegada ao edificio e dúas laterais cinco vías. Entre a plataforma principal e as dúas laterais hai dúas vías centrais pasantes. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo. Dispón de venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existen varias zonas de aparcadoiro e unha parada de taxi.
Servizos ferroviarios Acceso á estación de Pontevedra|miniatura miniatura|Vista xeral. Longa Distancia Actualizados a 12 de xuño de 2022.
Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra · Vigo Pontevedra / Vigo 3/4 trens diarios por sentido - Alta Velocidade Madrid Chamartín-Ourense Cambio de ancho de vía en Taboadela (Ourense) Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Media distancia Actualizados a 12 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe Avant (MD) A CoruñaSantiago de Compostela Pontevedra <> Vigo-Urzáiz 1 MD A CoruñaSantiago de Compostela Pontevedra <> Vigo-Guixar
Intermodalidade A estación de autobuses atópase xunto á estación de ferrocarril de Pontevedra. A conexión entre ambas as estacións realízase a través dun itinerario peonil directo e unha marquesiña cuberta, complementados por unha praza de acceso peonil fronte á estación de autobuses..
Nas inmediacións hai un aparcadoiro de superficie e outro subterráneo. Á estación chegan os autobuses urbanos da cidade (liñas 1 e 2); a parada atópase fronte á estación.
Servizo de mercadorías Esta estación está aberta para o servizo de mercadorías, especialmente para as procedentes ou con destino ao porto de Marín-Pontevedra.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía (2015): "La nueva estación de ferrocarril", pp. 226–235, en Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro, D.L.: PO 314-2015 .
Outros artigos Apeadoiro de Pontevedra-Universidade Estación de autobuses de Pontevedra Porto de Marín-Pontevedra
Ligazóns externas Información sobre a estación na web de ADIF
Pontevedra Categoría:Arquitectura civil en Pontevedra Categoría:Transporte en Pontevedra