Hattori o Ninja (忍者ハットリくん, Ninja Hattori-kun) é un manga creado polo mangaka xaponés Fujiko Fujio Ⓐ, e un anime xaponés creado por Takashi Miyano. O anime consta de 190 capítulos que constitúen unha soa temporada. A serie conta as aventuras do ninja Kanzō Hattori, xunto co seu irmán Shinzō, a mascota deste, Shishimaru, e Ken'ichi. Foi dirixido por Takashi Miyano, do estudo de Asatsu e Kodomo. Hattori o Ninja é unha serie que non ten manga, tan só anime.

En Galiza o anime foi emitido na TVG no contedor Xabarín Club na década dos 90. O 1 de marzo do 2010 a G2 comezou a emitir o anime de luns a venres pola mañá e mais polo serán.

Sobre a serie A serie trata dun ninja, Hattori, que ven de Némisis (Ega), á cidade onde vive Kenichi, un rapaz que non confiaba en si mesmo. Hattori elixe a Kenichi para ser o seu amo. Na serie interveñen tamén Shinzo, o seu irmán, e Shishimaru, o seu can ninja, que teñen habilidades de ninja. Igualmente intervén Kemumaki, un ninja de Koga, outro pobo, que sempre loita con Hattori e se mete con Kenichi, Shinzo e Shishimaru.

Personaxes Kanzo Hattori: É o protagonista da serie. É un ninja da aldea de Ega. Vive na casa dos pais de Kenichi e sempre está disposto a botar unha man a quen sexa. Ten os ollos grandes e sempre está alegre. Ten un irmán máis novo chamado Shinzo e un can ninja chamado Shishimaru. Domina gran cantidade de técnicas ninja, das que destacan: A técnica ninja da sombra, O papaventos ninja ou a da transformación ninja, na que pode converterse en calquera persoa e que utiliza para enganar sempre a Kemumaki... O seu punto débil son as ras as que lle ten pánico. Viste cun traxe ninja de cor azul que leva capucha e sempre vai remangado, debaixo do traxe leva un xersei amarelo a raias, cinto vermello e unhas sandalias, tamén utiliza un taparabos vermello e ten unha espada ninja para defensa persoal, a que lle da outras utilidades. Kenichi Mitsuba: É un rapaz que carecía de confianza en si mesmo e facía todo mal ata que coñeceu a Hattori. Está namorado de Yumeko, pero Kemumaki sempre trata de facelo quedar mal diante dela. Usa lentes. Viste cunha gorra branca que leva a letra K do seu nome, unha camiseta azul, con raias de cores e pantalón curto e cor verde escura. Shinzo Hattori: É o irmán máis novo de Hattori e o mellor amigo de Shishimaru e Kenichi. O seu choro e tan potente que non hai ninguén no mundo que o poida aturar, poderíase considerar a súa mellor técnica ninja. Sempre ten curiosidade e non para de preguntar. Aínda non sabe controlar moi ben as súas técnicas ninja e cada vez que as emprega fracasa, por iso no canto de empregar shurikens de ferro os emprega de madeira, tamén ten espada. Viste con traxe ninja, igual ao de Hattori e Kemumaki so que é de cor vermella, tirando a rosa. O cinto é branco. Leva as mangas remangadas para riba como Hattori e viste xersei igual co de hattori pero de cor azul claro e tamén leva sandalias. Shishimaru: É un can ninja, o mellor amigo de Shinzo, segueo a todas partes. Non é nada bo nas habilidades e técnicas ninja. É moi larpeiro, cousa que en máis dunha ocasión carreoulle varios problemas entre outros indixestións ou obesidade e tivo que poñerse a réxime. Pensa máis en comer que en adestrarse. Quédalle moito por aprender para ser un bo can ninja. Yumeko Kawai: É a mellor amiga de Kenichi e os demais. Esta máis tempo con Kemumaki, cousa que Kenichi non soporta. Vai á mesma escola que Kenichi e Kemumaki. Ás veces pasa o tempo con Shishimaru e Shinzo. Lévase moi ben con Tsubame. Viste cun vestido curto de cor rosa, é morena e ten o pelo curto. Ten tamén como mascota a un papagaio chamado Machahiko. Tsubame: É unha ninja, aprendiz de Hattori, do cal está namorada. Coa súa frauta pode cambiar os sentimentos dos demais. Non se leva ben con Shinzo, Kenichi e Shishimaru. É moi traballadora. Viste cun traxe ninja curto de cor rosa, leva muñequeiras e tobilleiras de cor lila, tamén leva sandalias e ten unha flor amarela no cabelo. Kemuzo Kemumaki: É un ninja de Koga, rival de Hattori. Vai á mesma escola que Kenichi e Yumeko, da que está namorado. Ten un gato chamado Kagechiyo. Kemumaki sempre reta a Hattori a loitar con el, pero sempre é vencido. Ante Yumeko e os demais viste con chaqueta azul escura con 3 botóns amarelos e pantalóns azuis máis claros que a cor da chaqueta, pero cando está en presenza de Hattori, Shinzo ou Kenichi, non ten reparos en vestirse co seu traxe ninja que é igual có de Hattori e Shinzo, so que este non leva capucha. É de cor verde e tamén o leva remangado, coas mangas para riba. O xersei tamén é igual ao de Hattori e Shinzo so que o del é de cor vermella. Tamén usa sandalias e un taparrabos de cor verde. Kagechiyo: É o gato de Kemumaki e rival de Shishimaru. Cando Kemumaki e Kenichi están na escola vai a casa de Hattori a espiar. É de cor negra e leva un lazo vermello. Koike: É o profesor de Kenichi, Kemumaki e Yumeko. Sempre rifa e castiga a Kenichi por culpa de Kemumaki, que o deixa sempre mal ante Yumeko, á que quere. Aiko: É a profesora de música. O profesor Koike está namorado dela, xa que é moi guapa. Togeshiro: Aparece na derradeira tempada. É un cacto ninja, di constantemente a frase "¡Toge,toge!" e o seu ataque consiste en lanzar os seus pinchos.

Dobraxe {| class="wikitable" |- style="background:#EFEFEF" !width="175"|Personaxe !width="175"|Voz galega !width="175"|Voz orixinal

| Hattori | Luz Tellería | Junko Hori |- | Kenichi | Ana A. | Masako Sugaya |- | Nai de Kenichi | Montse Davila (1º cap.)Alicia Taboada (resto) | Yuri Nishiwa |- | Pai de Kenichi | Paco Campos | Yuzuru Fujimoto |- | Shinzo | ? | Yūko Mita |- | Shishimaru | ? | Kenichi Ogata |- | Yumeko | ? (1º cap.) Fina Miguélez (resto) | Runa Akiyama |- | Kemumaki | Xulia Diz | Kaneta Kimotsuki |- | Kagechiyo | Matías Brea | Eiko Yamada |- | Tsubane | Marina Sánchez de la Peña | Fuyumi Shiraishi |- | Profesor | Antón Rubal | Issei Futamata

Véxase tamén Outros artigos Xabarín Club

Categoría:Xabarín Club Categoría:Manga Categoría:Anime con versión galega Categoría:Series de televisión con versión galega