A economía de Belarús mantivo nos últimos tres anos taxas de crecemento por encima do 6%, aínda que persisten altos niveis de inflación, de poboación por baixo do nivel de pobreza e forte dependencia económica de Rusia debido á pertenza durante moitos anos á URSS e á especialización produtiva que realizaban as economías centralizadas. As reformas económicas iniciadas en 1995 non levaron a unha apertura de mercados nin á entrada masiva de capitais estranxeiros, e dificultaron a renovación tecnolóxica e o aumento do consumo interno. Por outra banda, o control económico garante un alto nivel de protección social. Estatísticas do goberno indican que o PIB creceu uns 10% o 2008, a pesar dos obstáculos dunha economía centralizada co alta inflación.
Os principais recursos naturais do país son os seus bosques, a explotación do petróleo e o gas natural.
O 69,7% da súa superficie atópase sen explotar e, aínda que o 29,7% é cultivable, só o 0,6% destínase a colleitas permanentes. As terra con rega permanente ascendían a 1150 km² en 1999.
O tipo de cambio era de 2152,76 rublos belarusos por dólar estadounidense (2005) e o PIB per cápita de 6800 dólares (2004). A taxa de inflación ascendeu no mesmo ano a 17,4%. A débeda pública externa é duns 600 000 000 de dólares e a taxa de desemprego do 2% (2004).
Belarús produce motocicletas, televisores e teas. O agro belaruso baséase na produción de papas, cereais, froitas e verduras, vacas, porcos, cabalos, cabras e aves de curral.
Exporta elementos para a industria, maquinaria pesada, gas natural, petróleo, produtos químicos, aceiro, metais non ferrosos, alimentos e bebidas, materiais de construción, produtos agrícolas e papel a Rusia (51%), Ucraína (8%), Polonia (4%) e Alemaña (3%) (2000).
As súas importacións consisten en maquinarias para as súas industrias do petróleo, gas, madeira, química, eléctrica e metalúrgica, alimentos e bebidas, implementos agrícolas e elementos para fabricar papel e producir madeira. As mesmas proveñen de Rusia (65%), Alemaña (7%) e Polonia (3%) (2000).
Tamén ten moeda propia, o rublo belaruso.
Notas