África subsahariana é unha rexión xeográfica que abrangue os países do continente africano situados ao sur do deserto do Sáhara e que non forman parte da rexión coñecida como Noráfrica.
Dende o século XIX este territorio empezou a ser coñecido tamén coa expresión África negra por parte dos occidentais, describindo a unha zona habitada por individuos de raza negra e que non fora "descuberto" nin "colonizado" por parte dos europeos. Ese termo caeu en desuso, e foi catalogado como despectivo.
Dende o fin da última idade do xeo, o norte e a zona subsahariana atoparon no deserto do Sáhara unha fronteira natural case insalvable, salvo por pequenos escapes como o río Nilo. O termo subsahariano atopa un sinónimo en "África Tropical", intentando destacar a súa diversidade ecolóxica, aínda que a parte austral conta cun clima totalmente diverso.
África subsahariana é por moitos considerada como a rexión máis pobre do planeta, sufrindo os graves legados do colonialismo, o neocolonialismo, os conflitos étnicos e inestabilidade política. Nesta rexión sitúanse os países menos desenvoltos do planeta, con grandes debilidades estruturais. É tamén esta rexión, principalmente a zona oriental, o berce da especie humana, dende onde se iniciou o poboamento da Terra (probablemente en Etiopía ou Tanzania). Foi durante moitos anos o lugar onde se desenvolveron de maneira extraordinaria, como os imperios do Congo, Nubia, Uagadugu (en Ghana), Malí, Nok, Songhai, Kanem-Bornu, Benín e o Gran Zimbabwe.
Estados de África Subsahariana Existen 42 países situados na rexión subsahariana, e deles seis teñen a condición de ser illas. Estes últimos inclúen a Madagascar, Seicheles, Comores, Cabo Verde e San Tomé e Príncipe. Mauricio non é normalmente contabilizado como parte desta rexión, xa que os seus principais grupos étnicos son hindús, chineses e franceses. De acordo con esta clasificación, os países da África Subsahariana son:
África Central Burundi República Democrática do Congo República do Congo República Centroafricana Ruanda
África Oriental Queenya Tanzania Uganda Dxibuti Eritrea Etiopía Somalia (incluíndo Somalilandia) Sudán Sudán do Sur
África Austral Angola Botswana Eswatini Lesotho Malawi Mozambique Namibia Suráfrica Zambia Zimbabwe
África Occidental Benín Burkina Faso Camerún Chad Costa do Marfil Guinea Ecuatorial Gabón Gambia Ghana Guinea Guinea-Bissau Liberia Malí Mauritania Níxer Nixeria Senegal Serra Leoa Togo
Nacións Insulares Africanas Cabo Verde (África Occidental) Comores (África Oriental) Madagascar (África Austral) Mauricio (África Austral) San Tomé e Príncipe (África Occidental) Seychelles (África Oriental)
Territorios e posesións Mayotte (Francia) Reunión (Francia)
Africa Subsahariana