O progreso económico de Granada, debido ás reformas fiscais e unha macroeconomía prudente disparou o crecemento anual do país ao 5%-6% en 1998-99. O incremento da actividade económica estivo liderado pola construción e o comercio. As instalacións turísticas aumentáronse, debido a que o turismo é a principal entrada de capital estranxeiro no país. Os asuntos económicos máis importantes que preocupan ao goberno é o crecente déficit fiscal e a deterioración do balance externo . Granada comparte un banco central e unha divisa común cos outros sete membros da Organización de Estados do Caribe Oriental (OECS).

miniatura|esquerda|Noz moscada. Granada é coñecida como unha "illa das especias" e é unha fonte natural de noz moscada, macis, cravo, xenxibre e canela. O material enrejado vermello da foto é a macis. Atópase entre a froita da noz moscada e a propia noz (a casca exterior).

Os furacáns Ivan (2004) e Emily (2005) damnificaron severamente o seu sector agrícola, especialmente o cultivo de cacao, que foi durante anos un dos principais motores do crecemento da economía do país. Logo da devastación dos furacáns, o país confronta un enorme déficit público ampliado durante o proceso de reconstrución, que chega hoxe a 110% do PIB.

Notas

Granada Categoría:Granada, Caribe