A economía de Djibuti baséase principalmente nos servizos relacionados coa localización estratéxica do país e a súa condición de zona de libre comercio no nordeste africano. Dous terzos dos seus habitantes viven na capital, co terzo restante composto principalmente por pastores nómades. As reducidas precipitacións limitan a produción de produtos agrícolas, polo que a maioría dos alimentos teñen que importarse. Hai moi poucos recursos naturais, e unha ausencia case total de industria. Djibuti é polo tanto, altamente dependente en axuda internacional para soster á súa balanza de pagamentos e financiar proxectos de desenvolvemento. O desemprego de case 60% da poboación nas áreas urbanas continúa a ser un importante problema.
Djibuti prové servizos coma porto de navegación para tránsito rexional e centro internacional de transbordo e recarga de combustibles. A inestabilidade rexional provocada polos conflitos entre Etiopía e Eritrea alterou, porén, as canles de comercio normais. As exportacións e importacións da veciña Etiopía representan uns 70% do movemento do porto de Djibuti.
O consumo por habitante reduciuse un 35% entre o 1999 e o 2006 debido á recesión, á guerra civil, e ao alto crecemento demográfico, aumentado pola chegada dun gran número de inmigrantes e refuxiados. O país sufriu pouco impacto da crise económica global, a pesar diso a súa dependencia das importacións de alimentos e de diésel para producir electricidade deixan a maioría da poboación vulnerable a choques de prezos internacionais. O crecemento da débeda externa a largo prazo aumenta o atraso de Djibuti no ámbito económico, e complica o cumprimento das estipulacións impostas polos países que lle brindan axuda externa.
Notas
Djibuti Categoría:Djibuti