miniatura|200px|Anel de Claddagh. O Anel de Claddagh é un anel tradicional irlandés entregado como símbolo de amizade ou como arra nupcial.
O anel foi deseñado e fabricado por primeira vez na vila de Claddagh, Irlanda, no século XVII. Crese que o deseñador orixinal do anel foi Richard Joyce, natural de Galway.
O seu particular deseño, mostra dúas mans entrelazadas prendendo un corazón cunha coroa sobre elas. As mans simbolizan a amizade, o corazón o amor e a coroa a fidelidade. Antigamente era considerado, por quen o posuía, coma unha relíquia familiar legada de nais a fillas.
A expresión orixinal que acompañaba ao anel era Con estas mans entrégoche o meu corazón e coroo co meu amor.
A través dos tempos o anel xerou multitude de lendas.
Actualmente converteuse nunha xoia popular, non só en Irlanda, senón en moitas partes do mundo.
O uso do anel é partícipe dun código específico dende antano e as súas distintas maneiras de usalo suxiren:
Na man dereita e o corazón mirando de cara a fóra - indica que a persoa non mantén ningunha relación. Na man dereita e o corazón mirando de cara ao corpo - indica que a persoa está interesada en alguén. Na man esquerda mirando de cara ao exterior - indica que a persoa está comprometida. Na man esquerda mirando de cara ao corpo - indica que a persoa está casada.
Véxase tamén Ligazóns externas Anillo de Claddagh
Categoría:Irlanda