Panay é unha illa filipina do arquipélago das Visayas. Ten 11.514 km². Distínguense na mesma tres rexións: a occidental, con montañas de ata 2.180 m; a chaira central, percorrida polos ríos Sibalom, Jaro e Jalaud; e os outeiros do leste.
As principais cidades son Iloilo e Roxas. A súa economía baséase no sector primario: azucre, arroz, pesca. Tamén se explotan as selvas (ébano) e extráense cobre, carbón, manganeso, cromo e mercurio.
O nome da illa foi dado polos Estados Unidos de América a algúns dos seus barcos, o máis coñecido foi o USS Panay, lancha canoneira do río Yang-Tse-Kiang, que as tropas xaponesas ametrallaron ata afundilo, en decembro de 1937, durante o saqueo de Nanjing. O incidente do Panay provocou por milagre só dous mortos nas numerosas persoas de orixe occidental que se refuxiaran a bordo, fuxindo das tropas xaponesas. Todo o acontecemento foi filmado ao longo por correspondentes de guerra de varios países que estaban a bordo. Un mes despois, as películas difundidas nos Estados Unidos durante o período das festas de fin de ano provocaron a ira do pobo e numerosas manifestacións esixindo unha reaccion enérxica do goberno. Roosevelt ameazou con declarar a guerra ao Imperio do Xapón, pero o goberno nipón, ao seu pesar, escusouse abundamente do "erro" dos seus soldados e pagou unha gran multa aos americanos.
Xeografía O Monte Nangtud, é o punto máis alto na illa de Panay que se atopa a 2.205 m. sobre o nivel do mar. Boracay é unha illa a 2 km ao noroeste e parte da provincia de Aklan, é un destino turístico popular.
Divisións administrativas A illa está cuberta por 4 provincias, 92 municipios, e desde 2014, 3 cidades (93 municipios se inclúese o grupo de Illas asociadas de Caluya), todas baixo a xurisdición da rexión de Visayas Occidental.
Escudo Provincia Poboación censo Superficie Densidade Capital Concellos(incluíndo Illas asociadas*) Cidades Localización Aklan 574.823 290 hab/km² Kalibo — 75px 50px Antique 582.012 200 hab/km² San Jose de Buenavista — 75px Capiz 761,384 280 hab/km² Roxas Roxas 75px 50px Iloilo 2.384.415 440 hab/km² Iloilo City Iloilo Passi 75px Escudo Provincia Poboación(2015) Superficie Densidade Capital concellos Cidades LocalizaciónNotas: O concello de Caluya na provincia de Antique está composta por illas separadas que se inclúen baixo os grupo de illas de Panay. As cifras de Iloilo inclúen a cidade independente de Iloilo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía C. Michael Hogan. 2011. Sulu Sea. Encyclopedia of Earth. Eds. P. Saundry & C. J. Cleveland. Washington DC
Outros artigos Visayas
Ligazóns externas Comunidade da illa de Panay Discover Panay, photographic impression of Panay
Categoría:Illas de Filipinas