250px|dereita|miniatura|Botes de pescadores de Chongming
Chongming (崇明, pinyin: Chóngmíng; en wu: Dzonmin) é unha illa chinesa, na desembocadura do Yangtzé co océano Pacífico. Xunto ás dúas illas menores de Changxing e Hengsha conforma o condado de Chongming. É a terceira illa máis grande da China, logo de Hainan e Taiwán, cunha superficie de 1041´38 km². En 2001 tiña unha poboación de 694.600 habitantes.
Foi unha das áreas máis rural de Xangai, pero actualmente está suxeita a un plan mestre urbano e agrícola, patrocinado polo goberno chinés. Se construirá un túnel para conectar a illa con Xangai, e quérese incrementar a poboación mediante a construción dunha ecociudad ao leste de Chongming, Dongtan, incorporando agricultura especializada e desenvolvemento sustentable.
Xeografía Chongming ten ao redor de 81 km. de largo cara ao leste e o oeste e xeralmente entre 13 a 18 km de norte a sur, cunha superficie de 1.041´38 km². A illa ten unha elevación media de 1´6-2´6 m por encima do nivel do mar, coas áreas do noroeste e central un pouco máis altas que a suroeste e leste.
Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas da China