O 12 de decembro é o 346º día do ano do calendario gregoriano e o 347º nos anos bisestos. Quedan 19 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|Ordoño II.627 - preto de Mosul (Iraq), o exército bizantino de Heraclio derrota na batalla de Nínive ás forzas do xa persa Cosroes II, comandadas por Rhahzadh, poñendo así fin ás guerras romano-sasánidas. 914 - Ordoño II é unxido en León como Rei de toda Galiza. 1911 - A capital da India trasládase de Calcuta a Nova Deli. 1915 - Yuan Shikai, Presidente da República da China, reinstaura a monarquía e autoproclámase Emperador. 1925 - Reza Pahlavi convértese en Xa de Irán. 1939 - Finlandia derrota á Unión Soviética na Batalla de Tolvajärvi. 1941 - Hungría e Romanía declaran a guerra aos Estados Unidos e a India declara a guerra ao Xapón. 1963 - Independencia de Kenya do Reino Unido. 1979 - Rodesia cambia o seu nome polo de Zimbabwe. 2002 - Inaugúrase en Valencia L'Oceanogràfic, sección da Ciudad de las Artes y las Ciencias dedicada á vida mariña. 2007 - O Parlamento Europeo proclama e asina a Carta de Dereitos Fundamentais, unha das principais innovacións do Tratado de Lisboa.
Nacementos miniatura|150px|dereita|Gustave Flaubert. 1418 - Alberte VI de Austria, rei de Austria. 1526 - Álvaro de Bazán, almirante español. 1731 - Erasmus Darwin, físico británico. 1732 - Carl Gotthard Langhans, arquitecto alemán. 1745 - John Jay, político e xurista estadounidense. 1821 - Gustave Flaubert, novelista francés. 1849 - José de la Cuesta Crespo, xurista, escritor e xornalista galego (m. 1893). 1859 - Sinesio Delgado, escritor español. 1863 - Edvard Munch, pintor noruegués. 1866 - Alfred Werner, químico suízo, premio Nobel de Química en 1913. 1875 - Gerd von Rundstedt, militar alemán. 1881 - Concepción Pérez Iglesias, mestra e política galega (m. 1939). 1882 - Akiba Rubinstein, xadrecista polaco. 1886 - Alfonso de Orleáns, aristócrata e aviador militar español.
1893 - Edward G. Robinson, actor estadounidense de orixe romanesa. 1901 - Ramón Serrano Súñer, político español. 1902 - Antonio José Martínez Palacios, compositor español. 1903 - Yasujiro Ozu, cineasta xaponés. 1915 - Frank Sinatra, cantante e actor estadounidense. 1918 - Oleg Gazenko, científico ruso e director do Instituto de Problemas Biomédicos en Moscova. 1925 - Ahmad Shamlou, poeta irano. 1929 - John Osborne, dramaturgo e actor inglés. 1934 - Miguel de la Madrid, Presidente de México (1982-1988). 1942 - Karekin Bedkjian, bispo da Igrexa apostólica armenia. 1946 - Emerson Fittipaldi, piloto de automóbiles brasileiro. 1948 - Tom Wilkinson, actor inglés. 1949 - José Luis Novo Cazón, historiador galego. 1950 - Eric Maskin, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía en 2007. 1958 - Xosé Domínguez González, xornalista e escritor galego. 1967 - Roberto de la Cruz, periodista e dirixente campesiño boliviano.
Mortes miniatura|125px|dereita|Anne Baxter. 1574 - Selim II, sultán do Imperio Otomán. 1600 - Luis de Molina, teólogo xesuíta. 1777 - Albert de Haller, fisiólogo suízo. 1859 - Robert Stephenson, enxeñeiro inglés. 1921 - Henrietta Swan Leavitt, astrónoma estadounidense. 1939 - Douglas Fairbanks, actor estadounidense. 1963 - Yasujiro Ozu, cineasta xaponés. 1968 - Tallulah Bankhead, actriz estadounidense. 1977 - Baldomero Lois Asorey, psiquiatra galego (n. 1900). 1983 - José María Legaza, compositor español. 1985 - Anne Baxter, actriz estadounidense de cine. 1986 - Juan García Durán, coñecido co pseudónimo de Luís Costa García, guerrilleiro antifranquista e militante anarquista (n. 1915). 1989 - Carlos Barral, poeta, editor e político español. 1990 - Concha Piquer, cantante española. 1993 - Jozef Antall, historiador, primeiro ministro de Hungría. 1997 - Yevgeniy Landis, matemático soviético. 2000 - Libertad Lamarque, actriz e cantante arxentina. 2001 - Ardito Desio, explorador, alpinista, xeólogo e cartógrafo italiano. 2006 - Peter Boyle, actor estadounidense. 2020 – Charley Pride, cantante estadounidense (n. 1934).
Festas e celebracións Día da Independencia en Kenya (1963) Día Internacional da Neutralidade .
Outros
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Decembro