Befunge é unha linguaxe de programación esotérica, funge-oide, reflexiva e baseada en pila. Difire das linguaxes convencionais nos que os programas están dispostos nunha grella bidimensional. As instrucións "frecha" dirixen o control do fluxo cara a arriba, abaixo, esquerda ou dereita, e os bucles constrúense dirixindo o control do fluxo en círculo

Historia Befunge creouno Chris Pressey en 1993 nun intento de deseñar unha linguaxe de tan difícil de compilar como humanamente posible fora (observe que a orde p introduce a posibilidade de código mutante). Porén, escribíronse varios compiladores. Tamén existen varias extensións á especificación orixinal "Befunge-93", incluído Funge-98, que estende o concepto a un número arbitrario de dimensións e admite múltiples hebras de execución, con varios punteiros de instrución operando simultaneamente no mesmo espazo. As extensións e variantes de Befunge denomínanse Fungeoides ou simplemente Funges.

A especificación Befunge-93 restrinxe cada programa a unha grella de 80*25 instrucións (horizontal e vertical, respectivamente). Se a execución dun programa excede estes límites, "salta" a un punto correspondente no outro lado da grella; así, un programa en Befunge é o equivalente topolóxico dun toro. Dado que un programa en Befunge-93 só pode ter unha pila e ten limitado o seu espazo de almacenamento, a linguaxe Befunge-93 non é Turing completo, ó contrario que a maioría de linguaxes de máquina. A especificación posterior Funge-98 proporciona Turing-completitud eliminando as restricións de tamaño do programa: no lugar de simplemente saltar a un punto oposto nun límite fixo, o movemento dun punteiro de instrucións Funge-98 segue un modelo denominado "espazo de Lahey" en honor a seu creador, Chris Lahey. Neste modelo, a grela compórtase como un toro de tamaño finito con respecto a estes saltos, pero pode ser estendido de forma indefinida.

Código de exemplo en Befunge-93 Mostramos a técnica de empregar frechas para cambiar o control de fluxo no seguinte programa xerador de números aleatorios. Seguindo as frechas, as instrucións ? envían o punteiro de instrucións en direccións cardinais aleatorias ata que o punteiro da cun díxito, introducíndoo na pila. Entón as frechas navegan ata o . para extraer o díxito da pila e devolver o punteiro ó primeiro aleatorizador direccional. Observe que non hai código @ para terminar este programa, así que produce números aleatorios de 1 a 9 de forma continua.

vv < < 2 ^ v< v1<?>3v4 ^ ^ > >?> ?>5^ v v v9<?>7v6 v v< 8 . > > ^ ^<

Este é un exemplo do clásico programa "¡Hola mundo!". Primeiro introdúcense na pila as letras "olleH" como números ASCII. Logo extráense da pila en orde LIFO e móstranse como caracteres de texto para dar "Hello". O espazo e o carácter 32 en ASCII, que aquí constrúense multiplicando 4 por 8, antes de comezar a saída de texto. Ó resto do código mostra de forma similar "World!", seguido do carácter ASCII 10 (un salto de liña).

> v v ,,,,,"Hello"< >48*, v v,,,,,,"World!"< >25*,@

Lista de instrucións para Befunge-93

0-9 Introduce este número na pila + Suma: Extrae a e b, e introduce a+b - Resta: Extrae a e b, e introduce b-a * Multiplicatión: Extrae a e b, e introduce a*b / Divisón entera: Extrae a e b, e introduce b/a, redondeado á baixa. Se a é cero, pregunta ó usuario qué resultado desexa. % Módulo: Extrae a e b, e introduce o resto da división enteira b/a. Se a é cero, pregunta ó usuario qué resultado desexa. ! NOT lóxico: Extrae un valor. Se é cero, introduce 1; se non, introduce cero. ` Maior que: Extrae a e b, e introduce 1 se b>a, ou cero no caso contrario. > Comeza a moverse á dereita < Comeza a moverse á esquerda ^ Comeza a moverse cara a arriba v Comeza a moverse cara a abaixo ? Comenza a moverse nunha dirección aleatoria _ Extrae un valor; móvese á dereita se valor=0, ou á esquerda se non | Extrae un valor; móvese cara a abaixo se valor=0, ou cara a arriba se non " Empeza o modo cadea: introduce cada carácter ASCII ata que atope o seguinte " : Duplica o valor na cima da pila \ Intercambia os dos valores na cima da pila $ Extrae un valor da pila . Extrae un valor e móstrao como enteiro , Extrae un valor e móstrao como carácter ASCII # Trampolín: Omite a seguinte cela p Unha chamada "put" (unha maneira de almacenar un valor para uso posterior). Extrae y, x e v, e cambia o carácter na posición (x, y) do programa polo carácter co valor ASCII v g Unha chamada "get" (unha maneira de recuperar datos almacenados). Extrae y e x, e logo introduce o valor ASCII do carácter que se atopa nesa posición no programa & Solicita un número ó usuario e introdúceo na pila ~ Solicita ó usuario un carácter e introduce o seu valor ASCII @ Fin do programa

Véxase tamén Outros artigos INTERCAL. Whitespace.

Ligazóns externas Especificación oficial Funge-98 Outro intérprete máis para Befunge93 (Intérprete de Befunge93 de fonte aberta, escrito en java) Sitio oficial do intérprete Rc/Funge-98 Language::Befunge Módulo Perl en CPAN que interpreta Befunge-98 (en inglés) Language::Befunge::Debugger Depurador gráfico de Befunge escrito en Perl (en inglés)

Categoría:Linguaxes de programación esotéricos