Maldras (tamén Masdras) foi un monarca suevo que gobernou o Reino Suevo de Galicia entre os anos 456 e 459. Maldras ocupou o goberno tras asasinar ao gobernador Aguiúlfo, asumindo o control da parte sur do reino dende Porto. Durante o seu curto reinado producíronse fortes conflitos sociais entre os nativos galaicos e os dirixentes xermánicos.
Invasión de Lusitania A caída do emperador Avito, aliado do rei visigodo Teodorico II, fixo que este abandonase co seu exército a Península Ibérica regresando á Galia. Libres da presenza dos visigodos, os suevos de Maldras interviron na Lusitania asediando Olisipo (Lisboa) recuperando o control da cidade no 457 aliándose aparentemente cos seus dirixentes e saqueándoa unha vez os deixaron pasar.Thompson, 171.
En ausencia de Maldras levantouse no norte do reino, FrantánThompson, 166., un novo candidato o trono con apoio en terras lucenses. Pero morre poucos meses despois de conseguir o trono, convertendo a Maldras no único rei da Gallaecia durante un curto período de tempo.
Morte En febreiro de 460 morre estrangulado, posiblemente polos seus propios homes durante o asedio de Olisipo. Dise que os seus homes xuraron lealdade a Frumario, xefe de guerra, que competiu con Requimundo, o xefe de guerra dos seguidores de Frantán, polo trono do suposto fillo e herdeiro de Maldras: Remismundo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Reino suevo Lista de reis suevos Suevos
Categoría:Reis suevos Categoría:Reis de Galicia Categoría:Finados en 459 Categoría:Nados en ano descoñecido