dereita|miniatura|Detalle do chapitel da igrexa de San Pedro, en Riga (Letonia). miniatura|Chapiteis da portada occidental da catedral de Santa María de Burgos. Un chapitel é un elemento arquitectónico que se sitúa na parte superior dunha torre, campanario ou igrexa a modo de remate. Por veces o termo tamén é empregado como sinónimo de capitel, elemento de remate superior da columna ou da pilastra.

A forma dos chapiteis pode variar en función dos diferentes estilos arquitectónicos: poden ser de forma piramidal, cónica ou bulbosa e terminar en forma de frecha aguda. Destaca o seu uso no gótico, no que se converten na culminación visual do templo e símbolo de achegamento a Deus.

Notas

Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Arquitectura gótica