O 19 de novembro é o 323º día do ano no Calendario Gregoriano e o 324º nos anos bisestos. Quedan 42 días para rematar o ano.

Acontecementos 1493 - No mar Caribe, Cristovo Colón ―na súa segunda viaxe― desembarca nunha illa que avistou o día anterior. Bautízaa San Xoán Bautista, pero máis tarde será chamada Porto Rico. 1895 - O estadounidense Frederick E Blaisdell patenta o lapis. 1819 - Inaugúrase o Museo do Prado. 1918 - Primeira gravación do Himno Galego. 1942 - Batalla de Stalingrado: forzas do xeneral Zukhov contra-atacan ás forzas alemás, revertendo a vantaxe para os soviéticos, na segunda guerra mundial. 1968 - Malí: derrocamento do goberno de Modibo Keita por un golpe militar. 1990 - Carta de París pon fin ao enfrontamento entre os bloques da OTAN e do Pacto de Varsovia. 2002 - Afundimento do petroleiro Prestige fronte ás costas de Galiza.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Wilhelm Dilthey. 1824 - Benito Losada Astray, médico, militar e escritor galego (m. 1891). 1831 - James Abram Garfield, presidente dos Estados Unidos (m. 1881). 1833 - Wilhelm Dilthey, filósofo alemán (m. 1911). 1875 - Mikail Kalinin, líder bolxevique (m. 1946). 1887 - James Batcheller Sumner, químico e bioquímico estadounidense (m. 1955). 1913 - Ataúlfo Argenta, director de orquestra (m. 1958). 1917 - Indira Gāndhi, primeira ministra da India (m. 1984). 1919 - Gillo Pontecorvo, cineasta italiano (m. 2006). 1920 - Manuel Suárez-Pumariega Molezún, atleta e pintor galego (m. 2001). 1933 - Larry King, escritor, xornalista e locutor estadounidense. 1934 - Dino Pacio Lindín, profesor e escritor galego. 1961 - Meg Ryan, actriz estadounidense. 1962 - Uxía, cantante galega. 1962 - Jodie Foster, actriz e directora de cine estadounidense. 1964 - Petr Nečas, político checo. 1970 - Justin Chancellor, músico inglés. 1975 - Ezequiel Mosquera, ciclista galego.

Mortes miniatura|100px|dereita|Franz Schubert. 1828 - Franz Schubert, compositor clásico austríaco. 1850 - Richard Mentor Johnson, político dos Estados Unidos (n. 1780). 1886 - José María Posada Pereira, escritor bilingüe galego, fundador do xornal Faro de Vigo (n. 1817). 1929 - Torleiv Hannaas, filólogo noruegués (n. 1874). 1936 - Mercedes Romero Abella mestra republicana galega (n. 1907). 1967 - João Guimarães Rosa, escritor brasileiro (n. 1908). 1982 - Erving Goffman, sociólogo canadense (n. 1922). 1993 - Kenneth Burke, filósofo e teórico da literatura norteamericano (n. 1895). 1998 - Alan J. Pakula, director de cine estadounidense (n. 1928). 2000 - Sebastiana Vitales Gascón, militante libertaria española (n. 1902).

Festas e celebracións Día Mundial da Hixiene Día Mundial do Retrete . Día Internacional da Muller Emprendedora .

Outros Santoral: San Fausto.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Novembro