Valonia, oficialmente a Rexión Valoa, é unha das tres rexións da Bélxica. A rexión representa ao 33% da poboación e ao 55% do territorio do país. A lingua maioritaria da rexión é o francés, aínda que existe unha pequena comunidade xermanófona no leste do país. Como as outras rexións, a rexión de Valonia posúe o seu propio goberno e parlamento tendo funcións propias limitadas e definidas pola constitución belga. A capital da rexión é a cidade de Namur.
Divisións administrativas A rexión de Valonia atópase dividida en 5 provincias:
Provincia de Hainaut - Mons Provincia de Liexa (Liège en francés) - Liexa Provincia de Luxemburgo (Luxembourg en francés) - Arlon Provincia do Brabante Valón (Brabant Wallon en francés) - Wavre Provincia de Namur - Namur
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobo valón Ligazóns externas Páxina oficial de Valonia
Categoría:Rexións de Bélxica