Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.

Traxectoria A súa familia era de Osmo (Cenlle) e alí pasou a súa infancia, ata que aos dez anos muda para ChantadaXosé Lois González, Humorista e enxeñeiro técnico de telecomunicacións: Estiveron un ano insistíndome en que fora candidato á Alcaldía , Faro de Vigo, 1/6/08. Estudou na universidade laboral de Zamora e logo fixo a carreira de telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid, en 1968. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009, labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.

Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe que comparte o pseudónimo do autor e que creou en 1982.

Participou tamén en publicación colectivas, entre estas: Humor gráfico galego, Os humoristas e a lingua ou Humor y tolerancia, From Galicia with humor, Visto para sentencia-vamos a reirnos muy en serio del racismo-europa se rie del racismo, e tamén nas publicacións da Bienal da caricatura de Ourense e na mostra internacional portuguesa Humorgrafe.

O seu personaxe, O Carrabouxo, foi animado por Lhosca Arias no 2000 nunha serie titulada O Carrabouxo de 26 capítulos dun minuto de duración. O Carrabouxo que ten unha estatua no parque de San Lázaro en Ourense e deu nome a algúns locais de hosterlería.

Obra publicada en formato de libro Humor gráfico Ano e pico de Carrabouxos 20 anos de Carrabouxo (Deputación de Ourense) Novos chistes de Xosé Lois (A Nosa Terra) Humor gráfico. Xosé Lois na transición (Universidade de Vigo). 400 Carrabouxos mais Carrabouxos 90 20 anos de Carrabouxo Veña Carrabouxo! A Sabeliña 318 chistes de Xosé Lois

Obras colectivas O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro, de Félix Caballero, 2012, Morgante.

Premios

2008: Medalla CastelaoDecreto 118/2008, de 12 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao (DOG nº 116, do 17 de xuño de 2008).. 2013: Premio Bo e Xeneroso da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. 2025: Premio do Festival Internacional de Curtas de Comedia RiR de Allariz. 2026: Premio Celanova Casa dos Poetas

Notas

Véxase tamén Outros artigos O Carrabouxo

Ligazóns externas Carrabouxo.es

Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes