A illa de San Tomé ou São Tomé é a maior illa de San Tomé e Príncipe, posúe 854 km² e nela habitan 133.600 persoas, o que equivale ao 96% da poboación do país. Esta illa e algúns illotes conforman a Provincia de San Tomé, que se divide en seis distritos. A illa atópase a 2 km ao norte da liña ecuatorial. Ten 48 km de longo e 32 km de ancho. A súa altura máxima é o pico de San Tomé (2.024 m) e inclúe a capital do país, San Tomé, na costa norte. A cidade máis próxima no continente africano é a cidade de Port Gentil en Gabón a 240 km ao leste.

Ecoloxicamente, a illa forma parte da ecorrexión denominada selva de terras baixas de San Tomé, Príncipe e Annobón.

O idioma principal da illa é o portugués, pero tamén hai falantes de forro e angolar (Ngola), dous crioulos portugueses.

Distritos Esta illa está dividida en 6 distritos:

Água Grande Cantagalo Caué Lembá Lobata Mé Zóchi

Vilas e localidades

Água-Coco Água-Izé Almas Bela Vista Blublu Bombom Bom Successo Dona Augusta Dona Eugénia Formiga Graça Guadalupe Henrique Madre-Deus Montalegre Monte Rosa Neves Nova Olinda Pantufo Praia Melão Ponta Figo Porto Alegre Ribeira Afonso Riboqui Capital San Marçal Santa Catarina Santa Clotilda Santa Cruz Santana São João São João dos Angolares São José Trindade

Galería

Notas

San Tomé San Tomé San Tomé