miniatura|Monumento ao porco Antón en Espasante, Ortigueira A seguir recóllese a pegada que deixou o porco na cultura popular galega, na fraseoloxía e na literatura de transmisión oral. Inclúense tamén as referencias á mata do porco, á súa carne e ós produtos que del se obteñen.
Crenzas e supersticións Cando algún labrego vende un porco na feira resérvase para si a corda coa que o levou atado pois cre que se a cede xunto co animal, non volverá ter sorte e mercar ou vender ben na feira. Se o que fai é comprar un porco, cando chegue a casa deberá untar con allo o lombo do animal e metelo no cortello co cu por diante, pretendendo así protexelo das meigas e os seus meigallos Eladio Rodríguez González, s. v. porco..
A mata Cacheiras e chourizos no Corpiño, Losón, Lalín|miniatura
A mata do porco, tamén denominada matanzaOu matalota por terras de Lugo (Sarria, Palas de Rei ou A Ribeira de Piquín)., é o conxunto de operacións que se realizan para o sacrificio do porco, o faenado da canal e a posterior elaboración dos embutidos e outras pezas para conserva-la carne obtida. Non se aplica ó sacrificio industrial nin á actividade da industria cárnica, senón só á mata realizada no domicilio do propietario e exclusivamente para o consumo familiar.
Representa —sobre todo noutras épocas— a principal fonte de abastecemento de carne da familia rural para todo o anoTéñase en conta que ata hai relativamente pouco tempo, o porco era o principal animal de abasto de carne. Outras especies, como o vacún, criábanse case exclusivamente como animal de traballo, sendo a carne e o leite aproveitamentos secundarios. Os équidos eran animais para o transporte e traballo, e o consumo da súa carne foi sempre residual., ademais de constituír, xunto co Entroido, unha das formas máis representativas da cultura popular galega. Asemade, foi durante séculos un dos momentos de nucleación social de maior tradición.
Os produtos do porco na medicina popular Na parroquia pontevedresa de Marcón queren curar as lombrigas dos meniños facendo sobre eles cruces cun cacho de unto metido en fariña (Mariño Ferro, 1985, px. 218). Co mesmo obxectivo, en Río Barba (parroquia do concello do Vicedo, Lugo) exconxúranas con unto de porco, ferruxe e la cortada dos testículos dun carneiro Realmente, Mariño Ferro localiza este procedemento en "Narba (Lugo)", pero o Nomenclátor non recolle ningún lugar nin parroquia con ese nome e o máis parecido é este Río Barba..
En Agolada (Pontevedra), para curar o eccema pustuloso (que os informantes identifican co fogardente, é dicir, co ergotismo), debe recollerse un pouco de terra de nove toupeiras situadas alí onde non vaias as galiñas. Mestúrase a terra e bótase nun trapo e, xa na casa, métese na terra un cacho de unto de porco branco, á vez que se fai o sinal da cruz. Logo, con esta mestura feita unha pasta trázanse cruces sobre a cara do enfermo, recitando ó tempo un ensalmo: Fogardente/ que queimas a xente./ ¿Donde vai tu padre, niña?/ Na arada/ busca dos bois/ e mais da aguillada./ Con unto de porco blanco/ e terra de nove toupeiras Lis Quibén, 1949; Mariño Ferro, 1985, px. 218-219..
Léxico Léxico directo Porco do leite: leitón, porco que aínda mama. Bácoro, bacoriño, marrancho, rancho, reco, rello, relo, rengo, zacote. Porco de cría, porco do campo, porco escravo: porco da desteta. Porco da ceba, porco do cordel, porco do cordón, porco da cría, porco da fruxe: porco que se engorda para matar na súa época. Porco macho, porco pai, porco de/do puesto, porco da semente: porco semental Cachaceiro, cachazo, cacheiro, castal, castizal, castizo, verrón. Porco colludo: porco sen capar, que se deixa como semental. Porco chino: porco co fociño curvado cara a arriba. Porco porreiro: porco con moito pelo. Canivés, canavés: porco de mala caste, longo e delgado, que non engorda por máis que coma. Quino, corricho: outros nomes do porco. Quino: interxección empregada para chamar a súa atención, como quin, quiño, quiro, rin Eladio Rodríguez González, s. v. quino..
O Porco de Santo Antón é un porco doado por algún devoto ó santo e que manteñen tódolos veciños do lugar. Anda solto polas rúas, cunha campaíña no pescozo, comendo do que lle van botando voluntariamente nas portas das casas. Finalmente, unha vez cebado, póxase ou rífase, e o recadado destínase ó mantemento do culto José María Pereda Álvarez..
Semellante en todo é o porco das ánimas, cuxos beneficios van destinados ás ánimas do purgatorio .
Por outra banda, está o: Porco bravo: xabaril, tamén chamado porco fero e porco montés.
Léxico metafórico Porco: sucio, pouco aseado, groseiro, obsceno. Matanza, mata: ademais do significado recto de sacrificar e partir o porco, tamén designa a época do ano na que adoitan matarse (desde San Martiño ata finais de xaneiro) Eladio Rodríguez González, s. v. matanza.. Leitón: espiga de millo aínda verde, que deita un líquido leitoso Constantino García González.. Mazáns de porco: mazáns pequenas, procedentes de maceiras bravas Martín Sarmiento: Catálogo de voces y frases.. Herba do porco: planta (Helleborus foetidus, H. viridis E. Losada, J. Castro e E. Niño.. Tousiñeiro: un dos nomes do morcego, porque se cre que lle gusta o touciño Elixio Rivas Quintas (1988).. Peixe porco: nome xenérico de peixes selacios, especialmente Etmopterus spinax M. do Carme Ríos Panisse (1977).. Porco do mar: peixe, escorpión ou rascacio (Scorpaena porcus), semellante ó escarapote . Porco da terra: verme que rilla a raíz do millo Elixio Rivas Quintas (1978).. Porco de Indias: mamífero roedos chamado coello de Indias (Cavia porcellus) . Porco espiño: outro mamífero roedor. O nome de porco espiño aplícase xenericamente a varias especies, especialmente a especie Atherurus africanus. Tamén se denomina porco espiño, quizais por confusión, o ourizo cacho . Porco teixo: teixugo (Meles meles). Crese que a súa graxa, derretida, serve para curar a reuma e a dor de oídos . Leituga dos porcos: planta coñecida como chicoria (Cichorium intybus). Pega porca: un dos sinónimos da pega (Pica pica). Porco do mar, porco mariño: denominación que as diferentes fontes recollen para distintas especies de cetáceos: candorca, cachalote, arroaz ou toniña, animais con cuxa corpulencia se fai a comparación M. do Carme Ríos Panisse (1983).. Chámase Verrón do concello ó home luxurioso e mullereiro Eladio Rodríguez González, s. v. berrón..
Locucións Alborotar o cortello: excitar os ánimos nun colectivo de xente Eladio Rodríguez González, s. v. cortello. Co termo cortello adóitase designar a corte, de pequeno tamaño, destinada a recoller os porcos, pero por veces tamén outros animais pequenos (ovellas ou xatos). Menos usual é usar ese termo para designar un apartado dentro da corte do gando, apartado destinado ós becerros.. Andar enganado coma un porco no mes de santos: dise de quen non se decata de que o están enganando e buscando a ruína, a pesar de que se faga con boas palabras. Andar/ ser coma/ parecer o porco de Santo Antonio: dise das persoas que se van con calquera. Andar coma o porco de San Antonio: vivir das esmolas que se poidan conseguir . Andar/ser coma o porquiño de Santo Antón: comer a miúdo nas casas alleas ou comer de todo, que todo lle vai ben. Andar enganado coma un porco no mes de santos: dise de quen non se decata de que o están enganando e buscando a ruína, a pesar de que se faga con boas palabras. Cortar tanto touciño coma pan: ter abundancia nas comidas, sen escatimar nada. Matar o porco: conseguir unha boa pesca e, por extensión, un excelente resultado nalgún obxectivo Constantino García González. Localízao no Grove.. Poñerse feito un porco: ensuciarse, mancharse. Poñerse feito un porco espiño: despeitearse; tamén se aplica a quen ten malos modos . Quedar/caer/sentar coma a un porco unha gravata: dise das pezas de vestir que caen moi mal. Quentar o rabo ao porco: molestar, incomodar a alguén Saír a porca mal capada: non saír as cousas como un as esperaba. Ter pan e porco para o ano: ter recursos suficientes para vivir sen dificultades Martín Sarmiento: 660 pliegos.. Un porco cando pasa por onda outro roña: dise como recriminación cando unha persoa non devolve o saúdo.
Refraneiro Abre o porco, verás o teu corpo|miniatura
A todo porco chégalle o seu San Martiño. O porco débelo manter se ti o has de comer. O porco i o sogro quixéraos mortos. O porco que é pró lobo non hai san Antón que o garde. Os porcos e os grelos, peores se marelos. Polo san Martiño, mata o teu porquiño. Pra o porco e a galiña, que pase a Santa Mariña.
Cantigueiro Adios, martes d’Antroido,/ adios, meu amiguiño,/ hasta domingo de Pascua/ xa non como máis touciño. Adios martes d'Entroido,/ adios meu pequeniño;/ miña mai non matou porco,/ non comémo-lo touciño. Anque túa nai me dera/ unha roda de diñeiro/ non me casaba contigo,/ fociño de porco negro Xaquín Lorenzo Fernández, 41.. Anque túa nai me dera/ unha vaca i un becerro/ non me casaba contigo/ fociño de porco negro . As morenas son moi porcas,/ son parleiras e larpeiras/ e pra elas se casaren/ tense que ir locir ás feiras Xaquín Lorenzo Fernández, 49.. Cala, cebola rustrida,/ que es bica de formento,/ eres unha penachuda,/ cara de porco cheirento Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: és, pero logo eres.. Cálate, porca, cochina,/ non me volvas a falar,/ que tiñas sete camisas/ de tomentos a raiar Xaquín Lorenzo Fernández, 55. Tomentos son os restos da limpeza do liño, de ruín calidade; poñer a raiar é poñelos ó sol para que branquexen.. Cálate, vaite calando,/ cara de caracandil,/ que paréce-lo meu porco/ cando foza no cubil Xaquín Lorenzo Fernández, 55. No orixinal: parecelo.. Cálate, vaite calando,/ cara de sardiña crúa,/ que paréce-lo meu porco/ a chuchar na lavadura . Cálate, vaite calando,/ cara de sardiña crúa,/ que paréce-lo meu porco/ cando solve a lavadura . Chamáchesme trangalleira, fouciño de porco chino,/ pernas de grilo retortas,/ anda conmigo con tino Xaquín Lorenzo Fernández, 62.. Coidache porque era probe/ que xa me tiñas na man,/ moitas cerdas ten un cocho/ e mais non sai de marrán. Desafío, desafío,/ pola punta da navalla,/ a culpa tívena eu/ desafiar cunha marrana Xaquín Lorenzo Fernández, 69.. Díanno-los reises/ un vaso de viño,/ algo do fumeiro/ i os ovos do niño Xaquín Lorenzo Fernández, 70. No orixinal: díannolos. Dada a época na que se cantan os reises, ese algo do fumeiro son chourizos e castañas.. Díanno-los reises:/ figos, chourizos e viño/ e tamén algún diñeiro/ para merca-lo pantrigo Xaquín Lorenzo Fernández, 70. No orixinal: díannolos, mercalo.. Díano-los reises/ anque sean poucos:/ un touciño e medio/ i a mitai do outro Xaquín Lorenzo Fernández, 70. No orixinal: díanolos.. Disme que vou tan velliño/ que non podo cos calzós;/ olla que a troita i o unto/ canto máis vellos, millor Xaquín Lorenzo Fernández, 71.. Do poleiro, unha galiña,/ do fumeiro, un salchichón,/ viño verde, viño verde,/ veña acá un trambullón Xaquín Lorenzo Fernández, 72. O único significado de trambullón é o de golpe forte que alguén se dá ó caer.. Lacón con grelos,/ repolo de Betanzos/ e mais xurelos.</ref>. Lubeira xa ten a fama/ das feiras dos porcos bos;/ teño gana de ir a ela/ por ver se me axuda Dios Xaquín Lorenzo Fernández, 91. Refírese ás terras do concello de Lobeira.. Miña nai ten unto vello/ do porco que ha de matar:/ o porco inda está na feira/ i o diñeiro por gañar Xaquín Lorenzo Fernández, 101.. Miña nena, non te quero/ porque onte ouvinlle a teu pai/ que eres porca e comes moito/ e non queres traballar . Moito andas de paseio,/ mira xiquera pró chau;/ podes ver unha peineta/ pra lle dar ó teu marrau Xaquín Lorenzo Fernández, 39..