Carl Gustaf Verner von Heidenstam, nado en Olshammar o 6 de xullo de 1859 e finado en Estocolmo o 20 de maio de 1940, foi un escritor sueco.

Traxectoria O seu intento de ser artista levouno a estudar pintura na Academia de Estocolmo, estudos que deixou ao pouco tempo para iniciar unha extensa viaxe por Europa, África e Oriente. A súa obra Vallfart och vandringsar (Anos de peregrinación e vagabundeo, 1888), unha colección de poemas líricos que foron baseados nas súas vivencias durante o seu percorrido no Oriente, sinalou o seu comezo de disidencia co naturalismo.

O seu amor por beleza reflíctese en Hans Alienus (1892), unha novela alegórica. Dikter (Poemas, 1895) e Karolinerna (Os soldados de Carlos, 2 vols., 1897-1898), unha novela histórica, levan nas súas páxinas a mesma paixón nacionalista que na das súas demais obras.

Pola súa obra Nya Dikter, publicada en 1915, un volume de poemas líricos, fóiselle outorgado o premio Nobel de Literatura en 1916.

Obra publicada 1888: Från Col di Tenda till Blocksberg 1888: Vallfart och vandringsår 1889: Renässans 1889: Endymion 1892: Hans Alienus 1895: Dikter 1897-1898: Karolinerna 1900: Sankt Göran och draken 1901: Heliga Birgittas pilgrimsfärd 1902: Ett folk 1904: Skogen susar 1905-1907: Folkungaträdet, 2 volums 1910: Svenskarna och deras hövdingar, assaig 1915: Nya dikter 1941: När kastanjerna blommade, obra pòstuma

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía oficial Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Literatura 1916 Verner von Heidenstam no Proxecto Gutenberg

Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Nados no condado de Örebro Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Premios Nobel de Suecia