dereita|miniatura|250px|Ilustración humorística con choiva de cans e gatos A choiva ou chuvia de animais é un fenómeno meteorolóxico relativamente raro, que sucedeu nalgunhas cidades ao longo da historia. Os animais que acostuman caer do ceo son peixes e ras, e por veces paxaros. En certas ocasións os animais sobreviven á caída, principalmente os peixes. En moitos casos, no entanto, os animais morren conxelados e veñen completamente encerrados en bloques de xeo. Isto demostra que se transportaron a grandes altitudes, onde as temperaturas son negativas. A violencia deste fenómeno é palpábel cando a choiva non son animais senón soamente anacos de carne.
As choivas de animais son un asunto recorrente na literatura e cinema. Por exemplo, no final do filme Magnolia, de Paul Thomas Anderson, preséntase unha famosa secuencia cunha "choiva de sapos".
Ocorrencias rexistradas e lendas Textos e lendas anteriores á Idade Media Na literatura antiga abundan os testemuños de choiva de animais, ou de choivas de diversos obxectos, algúns deles orgánicos.
Poderíase remontar ao Antigo Exipto se se dese crédito ao papiro exipcio de Alberto Tulli (cuxa propia existencia é controvertidaO propio Tulli alegou telo perdido, e o único testemuño da súa existencia é a palabra do seu tradutor, o príncipe Boris de Rachelwitz. Existe moita especulación en torno do tema: véxase, por exemplo, o artigo de Nacho Ares Existirá na realidade o Papiro Tulli? ) e do cal se di que rexistraría fenómenos estraños, como o xurdimento daquilo que a literatura sobre fenómenos paranormais interpreta como un Ovni. De modo particular, rexístrase tamén a caída de peixes e paxaros do ceo « The Tulli Papyrus », Larry Orcutt, Catchpenny Mysteries, 2001 ..
Na Biblia narrase como Xosué e o seu exército foron auxiliados por unha choiva de pedras que caeu sobre o exército amorita. A Biblia evoca outras intervencións celestiais deste tipo, como o xurdimento de ras, nunha das dez pragas do Exipto (Éxodo 8:5,6) Marseille, J., Laneyrie-Dagen, N. Les Grandes énigmes. Larousse, ISBN 2-03-505300-5 p. 222-223, «Pluie de poissons á Singapour».. No século IV a. C., o autor grego Ateneo menciona unha choiva de peixes que durou tres días na rexión de Queronea, no Peloponeso Marseille, J., op. cit.. No século I, o escritor e naturalista Plinio o Vello describiu a choiva de anacos de carne, sangue e outras partes animais Plinio. Historia natural, Libro II.. Finalmente, na Idade Media, a frecuencia do fenómeno en certas rexións levou as persoas a crer que os peixes nacían xa adultos nos ceos, e de seguida caían no mar..
Testemuños na época moderna Nota: esta lista non pretende ser exhaustiva. Simplemente, exemplifica algúns dos eventos máis significativos relacionados con este fenómeno. miniatura|dereita|290px|Gravado de O. Magnus, de 1555, representando unha choiva de peixes.
Grazas á prensa escrita, na época moderna producíronse moitos testemuños, proferidos por un número importante de persoas, o que aumenta a súa plausibilidade. Indícanse algúns exemplos:
En 1578 caeron grandes ratos amarelos sobre a cidade norueguesa de Bergen. Segundo un tal John Collinges, unha choiva de sapos fustrigou a aldea inglesa de Acle, en Norfolk. O taverneiro do lugar retirounos ás centenas. Nunha cidade do Essex, Inglaterra, aconteceu unha choiva de peixes como salmóns, arenques e pescadas. Os peixes foron vendidos polos comerciantes locais. O 11 de xullo de 1836, un profesor de Cahors enviou unha carta á Academia de Ciencias Francesa, que dicía:
O 16 de febreiro de 1861, a cidade de Singapur sufriu un sismo, seguido de tres días de abundantes choivas. Despois do final das choivas, había nas pozas milleiros de peixes. Algúns afirmaron telos visto caer do ceo, aínda que outros se mostrasen máis reservados ao dar o seu testemuño. Cando as augas se retiraron, atopáronse outros peixes nas pozas que secaran, notabelmente en lugares que non tiñan sufrido inundacións. A revista Scientific American rexistra un chubasco de serpentes que chegaban ás 18 polgadas de lonxitude (cerca de 45 cm) en Memphis, o 15 de xaneiro de 1877. Nos Estados Unidos, rexistráronse máis de quince eventos de choivas de animais, só no século XIX «Mysterious Falls from the Sky. It's Raining Fish & Frogs ! » .. En xuño de 1880 abateuse unha choiva de paspallás sobre Valencia.Omedes, Anna; Senar, Juan Carlos; Uribe, Francesc. Animais da nosa cidades. Planeta, 1997. O 7 de setembro de 1953, millares de ras caeron do ceo sobre Leicester, en Massachusetts, Estados Unidos. En Birmingham ocorreu unha choiva de sapos en 1954. En 1968, os diarios brasileiros rexistraron unha choiva de carne e sangue, nunha área relativamente grande «Mysterious Falls from the Sky. It's Raining Fish & Frogs ! ». En xaneiro de 1969 caeron canarios mortos na cidade de St. Mary's City en Maryland, Estados Unidos, Segundo o diario The Washington Post de 26 de xaneiro dese ano, o voo dos canarios interrompeuse subitamente, como se acontecese unha explosión, que ninguén viu nin escoitou. En 1978, choveron caranguexos na Nova Gales do Sur, na Australia. En 2002, choveron peixes nunha aldea nas montañas do interior da Grecia. O diario Le Monde escribiu:
En 2007, choveron pequenas ras en El Rebolledo (provincia de Alacant).
Explicacións do fenómeno Explicación científica miniatura|200px|dereita|Un tornado pode ser o responsábel da captura de animais e a posterior caída a grandes distancias do seu lugar de orixe. Contrariamente á xeneralidade dos seus colegas contemporáneos, o físico francés André Marie Ampère considerou que os testemuños de choiva de animais eran verdadeiros. Ampère tentou explicar as choivas de sapos cunha hipótese que despois foi acepte e refinada polos científicos. Perante a Sociedade de Ciencias Naturais, Ampère afirmou que en certas épocas os sapos e as ras vagabundean polos campos en gran número, e que a acción dos ventos violentos pode capturalos e dispersalos a grandes distancias «Les pluies de crapauds» ..
Máis recentemente, xurdiu unha explicación científica do fenómeno, que inclúe trombas mariñas. Os ventos que se acumulan son capaces de capturar obxectos e animais, grazas a unha combinación de depresión na tromba, e da forza exercida polos ventos dirixidos no seu sentido.
En consecuencia, estas trombas, ou mesmo tornados, poderán transportar animais a alturas relativamente grandes, percorrendo grandes distancias. Os ventos son capaces de recoller animais presentes nunha área relativamente extensa, e déixannos caer, en masa e de maneira concentrada, sobre puntos localizados.Artigo no Supernatural World que utiliza esta explicación para narrar unha choiva de peixes ocorrida en Norfolk a 8 de agosto de 2000 ..
Máis especificamente, algúns tornados e trombas poderían secar completamente un pequeno lago, para deixar caer máis lonxe a auga e a fauna contida nesta, na forma de choiva de animais Orsy Campos Rivas ilustra esta explicación de forma gráfica (A ciencia contra o mito), no artigo Lo que la lluvia regala a Yoro, que narra una choiva de peixes que ocorre anualmente en Yoro, Honduras. Dispoñíbel online na páxina Hablemos online ..
Esta hipótese aparece reafirmada pola natureza dos animais destas choivas: pequenos e leves, xeralmente xurdidos do medio acuático, como batracios e peixes Angwin, Richard, en Wiltshire weather - BBC, Inglaterra. 15 de Xullo de 2003 .. Tamén é significativo o feito de que, con frecuencia, a choiva de animais sexa precedida por unha tempestade. No entanto, hai algúns pormenores que non puideron explicarse. Por exemplo, que os animais por veces estean vivos mesmo despois da caída, e algúns en perfecto estado. Outro aspecto é o de que normalmente cada choiva de animais se manifeste cunha soa especie de cada vez, sen se mesturar case nunca nin incluír algas ou outras plantas. Como nota William R. Corliss:
miniatura|dereita|400px|Imaxe Doppler dun radar meteorolóxico en Texas que mostra a colisión dunha tempestade cun bando de morcegos en voo. A cor vermella indica que os animais se dirixen para a nube. Esta aparente anomalía poderíase explicar no caso dos paxaros, se a tromba atravesa un bando en particular que se atope en pleno voo, especialmente en épocas de migración.
A imaxe da dereita mostra un exemplo específico onde un grupo de morcegos é vítima dunha tormenta Bat-eating Supercell, polo National Weather Service dos Estados Unidos (19 de marzo de 2006) .. A imaxe capturouse por un radar meteorolóxico do National Weather Service en Del Río, Texas, e ilustra como se pode prever o fenómeno en certos casos. Na imaxe, os morcegos están na zona de cor vermella, que corresponde aos ventos que se afastan do radar (o radar é o punto branco no canto inferior dereito), e entran no mesociclón asociado a un tornado (en cor verde). Este tipo de eventos ocorren frecuentemente con paxaros de modo inevitábel. En contraste, é máis difícil dar unha explicación plausíbel para os animais terrestres; unha parte do enigma persiste a pesar dos estudos científicos.
Nalgúns casos, certas explicacións científicas negan a existencia de choivas de peixes. Por exemplo, no caso da choiva de peixes en Singapur de 1861, o naturalista francés Francis de Laporte de Castelnau explica que o chuvasco ocorreu durante unha migración de peixes-gato, e que estes animais son capaces de se arrastar sobre a terra, para ir dunha poza a outra; como as anguías, que poden percorrer varios quilómetros nos prados húmidos, ou os lucios que se reproducen nos campos inundados Comptes Rendus hebdomadaires des séances de l’Academie des sciences 52:880-81, 1861 .. Alén diso, explica que o feito de que se visen os peixes no chan inmediatamente despois da choiva non é máis que unha coincidencia, xa que normalmente estes animais se desprazan sobre o chan húmido rastreando, despois dun chuvasco ou dunha inundación.
Explicacións antigas Desde hai moito tempo, a ciencia ten descartado moitas das explicacións que se dan; considéranse exaxeradas, pouco viábeis ou non comprobábeis. En 1859, un testemuño dunha choiva de peixes na aldea de Mountain Ash, en Gales Rexistrada na Annual Registrer, 101:14-15, 1859, online na revista X-Project ., enviou unha especie ao Xardín Zoolóxico de Londres. J. E. Gray, director do Museo Británico, declarou que "a luz dos feitos, o máis probábel é que se trate dunha partida: un dos empregados de Mr. Nixon baleiraron por riba del un balde cheo de peixes, e el pensou que caían do ceo" Fort, Charles Hoy. O libro dos condenados. Capítulo 7. ISBN 84-96129-35-7.
Loxicamente, as choivas de animais estiveron sen explicación científica durante moito tempo, en canto se desenvolvían hipóteses que ían desde as tentativas lóxicas de explicar o fenómeno, ata ás máis absurdas. No século IV a.C., o filósofo grego Teofrasto negou a existencia de choivas de sapos, explicando simplemente que os sapos non caen durante a choiva, senón que esta última os fai saír da terra. No século XVI, Reginald Scot aventurouse a dar unha hipótese. Segundo el, "é certo que algunhas criaturas son xeradas de maneira espontánea, e non necesitan de pais. Por exemplo, (....) estas ras viñan de ningunha parte. Foron transportadas pola choiva. Estas criaturas nacen dos aguaceiros...." Scot, Reginald. The Discoverie of witchcraft, 1584, ISBN 0-486-26030-5.. No século XIX pensábase que a evaporación da auga levaba os ovos de ra para as nubes, onde eclosionaban e caían á terra nun chuvasco «Explication sur les pluies de grenouille», Les Mystères de la Terre ..
Explicacións contemporáneas alternativas