miniatura|dereita|300px|

A Illa Victoria (ou Kitlineq) é unha das Illas Árticas do Canadá dividida entre Nunavut e os Territorios do Noroeste. Cuns 217.291 quilómetros cadrados é a novena illa máis grande do mundo e a segunda máis grande do Canadá, sendo case o dobre de tamaño da Terra Nova.

O nome da illa deriva da raíña Vitoria, quen foi soberana no Canadá desde 1867 ata 1901

Contén a illa máis grande do mundo dentro dunha illa. O terzo occidental da illa pertence á rexión Inuvik nos Territorios do Noroeste. O resto é parte da rexión de Kitikmeot en Nunavut.

Historia

En 1826 John Richardson viu a costa do suroeste e chamouna "Terra de Wollaston". En 1839 Peter Warren Dease e Thomas Simpson seguiu a súa costa sueste e chamouna "Terra de Vitoria". Un mapa publicado por Sir John Barrow en 1846 mostra un completo espazo en branco nestas dúas terras ao norte de "Banks Land", que é a costa norte da Illa de Banks.Derek Hayes,"Historical Atlas of the Arctic", map 136 En 1851 John Rae trazou toda a costa sur e conectou as dúas "lands". En 1850 e 1851 Robert McClure circunnavegó a maior parte da Illa de Banks, separándoa así do resto da illa Vitoria. Os seus homes tamén trazaron as costas do noroeste e do oeste da illa Vitoria. Un dos homes de Roald Amundsen, Godfred Hansen, trazou a súa costa leste ata o cabo Nansen en 1905, E en 1916 e 1917 Storker T. Storkerson, da Canadian Arctic Expedition de Vilhjalmur Stefansson, realizou unha cartografía da súa costa nordés, descubrindo a Península de Storkerson.

Demografía

No Censo do Canadá de 2006 a poboación da illa era de 1.875 habitantes, 1.477 en Nunavut e 398 nos Territorios do Noroeste. Dos dous asentamentos na illa, o máis grande é Cambridge Bay, que se atopa na costa sueste e está en Nunavut. Ulukhaktok está na costa oeste e atópase nos Territorios do Noroeste. Postos comerciais, como Fort Collinson na costa noroeste, fai moito tempo que foron abandonados. A densidade da Illa é de 0,0086 habitantes por quilómetro cadrado.

Mapas miniatura|Mapa detallado da Illa Victoria miniatura|Gran mostra de cobre nativo dos outeiros Saneraum, Illa Victoria

Viscount Melville Sound - M'Clintock Channel - Victoria Strait - Amundsen Gulf - Banks Island - Prince of Wales Strait - Dolphin and Union Strait - Austin Bay - Coronation Gulf - Dease Strait - Storkerson Peninsula - Goldsmith Channel - Stefansson Island - Hadley Bay - Prince Albert Peninsula - Wollaston Peninsula - Shaler Mountains - Ferguson Lake - Cambridge Bay - Ulukhaktok - Fort Collinson -

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Illas Árticas do Canadá

Ligazóns externas Map of Victoria Island no Atlas do Canadá Victoria Island Expedition

Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Océano Ártico