A illa Bolxevique (en ruso остров Октябрьской Большеви́к, óstrov Bolxevik) é a máis meridional do arquipélago ruso da Terra do Norte, no Ártico, situada ó sueste da illa da Revolución de Outubro, da cal está separada polo estreito de Xokalski, e é a segunda illa máis grande do grupo.
Historia A illa, xunto coa costa do leste do que foi chamada Terra do Emperador Nicolao II, foi descuberta por Boris Vilkitsky na época da Expedición Hidrográfica do océano Ártico de 1913. A súa insularidade, con todo, non foi demostrada ata 1931, cando foi explorada por primeira vez pola expedición de Gueorgui Uixàkov e Nikolai Urvantsev (1930-1932), que foron os que lle deron este nome en honor dos bolxeviques, os primeiros comunistas rusos. Segundo un decreto aprobado o 1 de decembro de 2006 polo extinto goberno rexional de Taimiria, a illa foi renomeada illa de Santa Olga (остров Святой Ольги, óstrov Sviatoi Olgui) en honor da gran duquesa Olga, asasinada durante a Revolución Rusa.
Na actualidade a única estación Polar que opera en Severnaya Zemlya, atópase nesta illa preto de Cabo Baranov.
Ten unha superficie estimada de 11.312 km². É montañosa, cunha altitude máxima de 935 m. Un 30% da illa está cuberta de glaciares (Leningrad, Semiónov – Tian Xanski e Kropotkin), mentres que as zonas costeiras teñen unha vexetación espesa de brión e liques. Aloxa a base ártica Prima.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Terra do Norte
Ligazóns externas Datos e fotos de satélite das illas do grupo das Severnaya Zemlya, dispoñibles en:: http://www.oceandots.com/arctic/russia./severnaya-zemlya.htm .
Categoría:Illas de Rusia Categoría:Illas do Océano Ártico