dereita|miniatura|150px|Florón a rematar a composición escultórica na Casa do Concello de Aachen, Alemaña.
O elemento arquitectónico florón, tamén crista, designa un pequeno elemento decorativo de pedra difundido en edificios da Idade Media, especialmente durante o estilo gótico. Xeralmente situado en lugares altos como parte integrante de elementos de acentuación de verticalidade, o florón xorde como remate illado no cumio de pináculos, gabletes etc., onde proliferan tamén os cogullos.
esquerda|miniatura|150px|Ilustración de Viollet-le-Duc, de remate con cogullos e florón, 1856
Este elemento é a representación estilizada dunha flor (por exemplo a Flor de lis) e está composto por un elemento central vertical rodeado de catro follas ou pétalos que se abren para o exterior e que, en conxugación, forman unha planta e alzado cruciformes. Os floróns poden tamén xurdir en par (un por riba do outro).
Categoría:Elementos arquitectónicos